Nieves Ibeas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nieves Ibeas
Nacemento28 de xullo de 1961
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupacióncatedrática e política
editar datos en Wikidata ]

Nieves Ibeas Vuelta, nada en Vitoria o 28 de xullo de 1961, é licenciada en Filoloxía Románica, doutora en Filoloxía Francesa e profesora titular da Universidade de Zaragoza, adscrita ao Departamento de Filoloxía Francesa na Facultade de Filosofía e Letras. Dende o ano 2000 até o 2003, foi Vicerreitora de Proxección Social e Cultural da Universidade de Zaragoza. Nas eleccións autonómicas de 2003 foi elixida deputada nas listas de Chunta Aragonesista (CHA), partido da que foi presidenta entre os anos 2008 e 2012. Ostentou o cargo de voceira do seu grupo parlamentario dende 2011 até xaneiro de 2014, data na que renunciou ó seu escano e se reincorporou ó seu posto de profesora da Universidade de Zaragoza. Foi, asemade, membro do Consello Reitor do Instituto Aragonés da Muller, cofundadora do Seminario Interdiscipllinar de Estudos da Muller da Universidade de Zaragoza e fundadora e directora da colección Sagardiana. Estudos feministas das Prensas da Universidade de Zaragoza.

Obras[editar | editar a fonte]

A súa actividade investigadora céntrase no eido da análise da creación literaria dende a perspectiva dos estudos feministas e de xénéro. Formou parte de numerosos proxectos de investigación e entre as súas publicacións atópanse os libros La imagen de la mujer en la novela de evasión en Francia, 1970-1985: novela policiaca y de ciencia ficción (tese doutoral); La conjura del olvido: escritura y feminismo (coed. con Mª Anxos Millán); La perspectiva de género en la educación aragonesa, en colaboración con Begoña Garrido Riazuelo; Hombres y feminismo, número especial da revista Lectora; ademais de numerosos artigos e capítulos de libro sobre literatura e feminismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]