Nieus Luzía Dueso Lascorz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nieus Luzía Dueso Lascorz, nada en 1930 e finada o 4 de marzo de 2010[1], .[2] foi unha escritora natural do Bal de Chistau, en Aragón, que desenvolveu a súa produción literaria en lingua aragonesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De entre a obra poética de Nieus Luzía Dueso destaca Al canto'l Zinqueta (1980), colección de poemas ambientados no seu val natal. Pero, a parte máis significativa da súa produción literaria encóntrase na recompilación e recreación narrativa de lendas populares do Val de Xistaín, patente en Leyendas de l'Alto Aragón, en La Fuen de la Siñora e nas súas máis recentes obras, Dios m'en guarde! (2007) e Santamaría (2007).

Nieus foi galardoada en 1982 cun Onso d'oro no Primeiro Certame Literario Val d'Echo pola súa obra Leyenda del siñó de San Chuan.

Publicou numerosos artigos en revista como Argensola, Luenga e Fablas e Fuellas, relacionados sobre todo con contos e lendas das tradición oral do alto Aragón, así como tamén novelas curtas como Marieta (1991).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en castelán)"Fallece la escritora chistavina Nieus Lucía Dueso Lascorz", artigo en Diario del Alto Aragón, 6 de marzo de 2010 (consultado o 6 de marzo de 2010)
  2. (en castelán) Adiós a la escritoria chistabina Luzía Dueso, en o Diario del Alto Aragón, 8 de marzo de 2010 (consultado o 8 de marzo de 2010)