Niels Kaj Jerne
Niels Kaj Jerne, membro da Real Sociedade (FRS)[1] (nado o 23 de decembro de 1911 – finado o 7 de outubro de 1994) foi un inmunólogo danés. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984 con Georges J. F. Köhler e César Milstein "polas teorías sobre a especificidade no desenvolvemento e control do sistema inmune e o descubrimento do principio da produción de anticorpos monoclonais".[2]
Jerne é coñecido por tres ideas significativas. Primeiro, en vez de que o corpo produza anticorpos en resposta a un antíxeno, Jerne postulou que o sistema inmunitario xa ten os anticorpos específicos que necesita para loitar contra os antíxenos.[3] Segundo, sábese que o sistema inmunitario aprende a ser tolerante aos antíxenos do propio individuo e Jerne postulou que esta aprendizaxe ten lugar no timo. Terceiro, sábese que as células T e B se comunican unhas con outras.[4]
A teoría da rede de Jerne propoñía que os sitios activos dos anticorpos son atraídos tanto por antíxenos específicos (idiotipos) coma por outros anticorpos que se unen ao mesmo sitio. Os anticorpos están en equilibrio, ata que un antíxeno altera o equilibrio, estimulando unha reacción inmune.[5]
Vida e educación
[editar | editar a fonte]Os seus devanceiros vivían na pequena illa danesa de Fanø desde había séculos, pero en 1910 os seus pais trasladáronse a Londres, onde naceu Jerne en 1911.[5]
Durante a primeira guerra mundial, os seus pais trasladáronse aos Países Baixos e alí Jerne pasou a súa mocidade en Rotterdam. Despois de estudar física durante dous anos na Universidade de Leiden, Jerne traslaouse a Copenhague e cambiou os seus estudos ao campo da medicina. Graduouse na Universidade de Copenhagen cunha licenciatura en medicina en 1947. Catro anos despois, obtivo o doutoramento coa tese Un estudo de avidez baseado nas respostas cutáneas dos coellos a mesturas de toxina-antitoxina da difteria.[6]
Investigacións
[editar | editar a fonte]Desde 1943 a 1956 Jerne traballou como investigador no Instituto Nacional do Soro danés e durante ese tempo formulou unha teoría da formación de anticorpos. Dise que a Jerne ocorrénronselle as súas ideas científicas revolucionarias mentres estaba andando en bicicleta pola ponte Langebro de Copenhague de camiño ao traballo.[7]
A teoría da formación de anticorpos significou para Jerne recibir recoñecemento internacional e en 1956 Jerne foi traballar na Organiación Mundial da Saúde en Xénova, onde foi xefe das Seccións de Estándares Biolóxicos e de Inmunoloxía. Seguiu nese posto seis anos ata que se trasladou aos Estados Unidos á Universidade de Pittsburgh en 1962 para traballar como profesor de Microbioloxía e catedrático do Departamento de Microboloxía por catro anos. Jerne continuou traballando na Organización Mundial da Saúde como membro do Panel Asesor de Expertos de Inmunoloxía desde 1962 en adiante.
En 1966 Jerne foi vivir a Europa e ocupou o posto de profesor de Terapia Experimental na Universidade Johann Wolfgang Goethe en Frankfurt. De 1966 a 1969 foi director do Instituto Paul-Ehrlich (Alemaña), tamén en Frankfurt. En 1969 Jerne cambiou de novo de traballo, esta vez foi a Basilea, Suíza, onde foi director do Instituto de Inmunoloxía de Basilea ata o seu retiro en 1980. Durante as décadas de 1970 e 1980, Jerne foi pioneiro no desenvolvemento da teoría da rede inmunitaria. Inicialmente, foi acollida con escepticismo entre os seus colegas; James Watson, por exemplo, díxolle a Jerne abertamente que a súa teoría "apestaba".[8]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Jerne casou tres veces. Tivo dous fillos, Ivar Jerne (nacido en 1936) e Donald Jerne (nacido de 1941), con Tjek Jerne, unha pintora. Despois, Jerne tivo un terceiro fillo, Andreeas Wettstein, con Gertrud Wettstein, en 1971.
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1984)
- Premio Marcel Benoist (1978)
- Premio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter (1982)
Concedéronlle doutoramentos honorarios na
- Universidade de Chicago (1972)
- Universidade de Columbia (1978)
- Universidade de Copenhagen (1979)
- Universidade de Basilea (1981)
- Universidade Erasmus de Rotterdam (1983)
Foi elixido membro de varias institucións académicas:
- Membro honorario estranxeiro da Academia Americana de Artes e Ciencias (1967)
- Membro da Academia Real Danesa de Ciencias e Letras (1969)
- Membro honorario da Sociedade Escandinava de Inmunoloxía (1970)[9]
- Asociado Estranxeiro da Academia de Ciencias dos Estados Unidos (1975)
- Membro estranxeiro da Sociedade Filosófica Americana (1979)
- Membro da Real Sociedade (FRS) en 1980[1]
- Membro da Académie des Sciences francesa (1981)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Askonas, B. A.; Howard, J. G. (1997). "Niels Kaj Jerne. 23 December 1911 – 7 October 1994". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 43: 237. PMID 11619977. doi:10.1098/rsbm.1997.0013.
- ↑ "Niels K. Jerne, M.D.". The American Association of Immunologists. Consultado o 2023-10-27.
- ↑ Nobel Prize Lecture - The Generative Grammar of the Immune System
- ↑ Ivan Lefkovits (1996). Portrait of the Immune System: Scientific Publications of Niels Kaj Jerne. World Scientific. pp. 745–748. ISBN 978-981-02-2614-5.
- ↑ 5,0 5,1 "Niels K. Jerne" en Nobelprize.org, consultado o 11 de outubro de 2020
- ↑ "Niels Jerne – Explaining the Human Immune System". SciHi Blog. 23 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2023. Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Dubiski, S. (10 de marzo de 2004). "Science as Autobiography: The Troubled Life of Niels Jerne". JAMA: The Journal of the American Medical Association 291 (10): 1267–1268. doi:10.1001/jama.291.10.1267.
- ↑ Yewdell, Jonathan W. (outubro de 2003). "He put the Id in Idiotype; book review of Science As Autobiography The Troubled Life of Niels Jerne by Thomas Söderqvist". EMBO Rep. 4 (10): 931. PMC 1326409. doi:10.1038/sj.embor.embor951.
- ↑ "Honorary Members". www.scandinavianimmunology.nu. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jerne, Niels K. (8 de decembro de 1984). "The Generative Grammar of the Immune System" (PDF). NobelPrize.org. Nobel Prize Outreach. Consultado o 23 de maio de 2025.
- Jerne, N. K. (1955). "The Natural-Selection Theory of Antibody Formation" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 41 (11): 849–857. Bibcode:1955PNAS...41..849J. PMC 534292. PMID 16589759. doi:10.1073/pnas.41.11.849.
- Jerne, N. K. (1974). "Towards a network theory of the immune system". Annales d'immunologie 125C (1–2): 373–389. PMID 4142565.
- Hoffmann, G.W. (1994). "Niels Jerne, Immunologist 1911–1994". Vaccine Research. Mary Ann Liebert, Inc. pp. 173–174. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014..
- Lefkovits, Ivan (1996). Portrait of the Immune System: Scientific Publications of Niels Kaj Jerne. World Scientific Series in 20th Century Biology 2. Singapore: World Scientific Publishing Co. ISBN 978-9810226145. doi:10.1142/3052. Consultado o 23 de maio de 2025.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Niels Kaj Jerne |
- Niels K. Jerne en Nobelprize.org
- Lectura do Nobel de Niels K. Jerne, "A gramática xenerativa do sistema inmunitario"
- "Interviews with Nobel Prize winning scientists: Niels Jerne". BBC. 25 de abril de 1987.. Vídeo dunha entrevista con Lewis Wolpert. Duración 37 minutos.
