Nidal Al Achkar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de marzo de 1934 Dik El Mehdi, Líbano |
| Educación | Royal Academy of Dramatic Art |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, director teatral |
Nidal Al Achkar, nada en 1934, é unha actriz libanesa e directora de teatro, "a gran dama do teatro libanés".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nidal Al Achkar era a filla de Asad al-Achkar, o político do Partido Social Nacionalista Sirio. Estudou na Real Academia de Arte Dramática en Londres.[2] En 1967 dirixiu a súa primeira obra de teatro en Beirut, e logo fundou o Taller de Teatro de Beirut a finais da década de 1960.
Despois da Guerra civil libanesa, Nidal Al Achkar fundou o Teatro Al Madina en 1994, restaurando o edificio que albergaba o antigo Cine Saroulla.[3]
Nidal Al Achkar recibiu o Lifetime Achievement Award no Murex d'Or de 2012. Ó presentar o premio, o ministro de Cultura libanés Gabi Layyoun chamouna "a verdadeira expresión da ilustración e a cultura do Líbano".[4]
Nunha entrevista de 2019 advertiu que era imposible ter teatro no mundo árabe sen "revolucións reais e transformadoras" que permitisen a liberdade de expresión e a apertura.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hanan Nasser, LAU Celebrates the Grande Dame of Theater, Nidal Al Achkar Arquivado 30 de marzo de 2019 en Wayback Machine., Lebanese American University, 22 de marzo de 2019.
- ↑ Nidal Al Achkar: A Woman of the Theatre, Home Magazine, Issue No. 3, 2018. Consultardo o 10 de marzo de 2020.
- ↑ Gary Hoppenstand (2007). The Greenwood encyclopedia of world popular culture. Greenwood Press. p. 296. ISBN 978-0-313-33274-6.
- ↑ Nidal Al Ashkar receives Lebanon culture award, 24 de xuño de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ Lebanese Actress Nidal Al-Ashkar: No Freedom Of Speech In The Arab World; Change Would Require Real Transformative Revolutions, memri.org, 12 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nidal Al-Askhar na IMDb (en inglés).