Saltar ao contido

Nicolao (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nicolau»)
Nicolao
 Instancia de
 Alfabeto
Wikidata C:Commons

Nicolao[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o grego Nikólaos, 'vencedor entre o pobo', do verbo nikân 'vencer' e laós 'pobo'. En galego tamén ten as formas Nicolau e Nicolás, e os hipocorísticos Nico, Colao e Colás.[2]

En xaneiro de 2023 non existían varóns en Galicia co nome Nicolao,[3] mais si 22 co nome Nicolau, cunha media de idade de 29,5 anos,[4] e 4.794 co nome Nicolás, cunha media de idade de 20,9 anos.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]