Nicolaas Beets
Nicolaas Beets | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Hildebrand |
Nacemento | 13 de setembro de 1814 e 1814 |
Lugar de nacemento | Haarlem |
Falecemento | 13 de marzo de 1903 e 1903 |
Lugar de falecemento | Utrecht |
Causa | hemorraxia cerebral |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Relixión | Protestantismo |
Alma máter | Universidade de Leiden |
Ocupación | poeta, tradutor, teólogo, historiador da igrexa, catedrático, escritor e profesor universitario |
Pai | Martinus Nicolaas Beets |
Nai | Maria Elisabeth de Waal Malefijt |
Fillos | Dirk Beets, Jacoba Elisabeth Beets e Cornelis Beets |
Premios | Commander of the Order of the Netherlands Lion |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nicolaas Beets, nado en Haarlem o 13 de setembro de 1814 e morto o 13 de marzo de 1903, foi un escritor, teólogo e predicador neerlandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nicolaas Beets era fillo dun boticario. Entre 1833 e 1839 estudou teoloxía na Universidade de Leiden. En 1840 a igrexa reformada neerlandesa destínao como pastor a Heemstede, durante o seu ministerio fundou unha escola primaria. En 1854 foi destinado a Utrecht. De 1874 a 1884 foi profesor de historia do cristianismo na Universidade de Utrecht.
A súa obra máis coñecida é Camera Obscura, unha colección de relatos que publicou co pseudónimo de Hildebrand cando era estudante, en 1839. Durante os anos seguintes continuou engadíndolle historias, a edición definitiva data de 1851. Publicou moitas outras obras como Jose. Een Spaansch verhaal (1834), Guy de Vlaming. Een verhaal (1837) ou Ada van Holland. Een gedicht (1840).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nicolaas Beets |