Nicholas Berg
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de abril de 1978 Filadelfia |
| Morte | 7 de maio de 2004 Iraq |
| Causa da morte | homicidio, decapitación |
| Lugar de sepultura | Montefiore Cemetery (en) |
| Educación | Universidade Cornell Universidade Drexel (pt) West Chester Henderson High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | emprendedor |
| Familia | |
| Pai | Michael Berg |
Nicholas Evan Berg, nado en 1978 e finado en 2004, foi un home de negocios norteamericano na procura de negocios de telecomunicación en Iraq durante a ocupación norteamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi secuestrado en maio de 2004, presuntamente por militantes islamistas. Decapitado polos seus captores, a súa foi a primeira dunha serie de asesintaos de estranxeiros en Iraq e recibiu atención internacional por ser filmado e pola súa emisión a través de Internet. Os seus asasinos afirmaron que súa morte era consecuencia dos abusos sobre os prisioneiros no presidio de Abu Ghraib por parte de militares norteamericanos. A acción condenárona a maioría dos líderes islámicos como contrario á lei islámica. O pai de Berg culpou a George W. Bush da morte do seu fillo.