Nicarao
Nicarao | |
---|---|
Nacemento | 1485 e século XVxuliano |
Falecemento | 1540 e século XVI |
Lugar de falecemento | Nicaragua |
Nacionalidade | España e Nicaragua |
Ocupación | war chief |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nicarao é o nome dun suposto xefe indíxena ou cacique que gobernou sobre un territorio no suroeste de Nicaragua a comezos do século XVI. En base das investigacións realizadas por historiadores 2002, descubriuse que o seu nome real era Macuilmiquiztli.
Contexto histórico[editar | editar a fonte]
Cristovo Colón, na súa cuarta e derradeira viaxe do ano 1502, explorou a costa leste do que hoxe se coñece como Nicaragua mais non se internou na costa oeste nin entrou en contacto con ningún pobo indíxena. En 1522, o conquistador español Gil González Dávila partiu dende Panamá con 100 homes na primeira incursión cara as rexións occidentais de Costa Rica e Nicaragua. Cando chegaron ó suroeste de Nicaragua, atoparon unha tribo falante de nahuat, e coa axuda de dous intérpretes indíxenas que ían con González Dávila, foi quen de conversar co cacique da tribo, que dende entón foi referido como Nicarao.[1]
Controversia do nome[editar | editar a fonte]
En 2002, investigacións realizadas por dous historiadores nicaraguanos que traballaron de xeito independente, argumentaron que o verdadeiro nome do cacique era en realidade Macuilmiquiztli, que quere dicir "Cinco Mortes" na lingua náhuatl.[1][2][3][4]
Non se sabe o motivo polo cal o nome Nicarao se empezou a asociar co cacique Macuilmiquiztli. É posible que os conquistadores españois derivaran o nome Nicarao en base á etnicidade da tribo, que estaba composta polo pobo pipil-nicarao, que son unha póla dos náhuatls. Andrés de Cereceda, o tesoreiro da expedición de González Dávila,[2] escribiu no seu rexistro os nomes dos caciques das aldeas onde se recolleu o ouro. No veciño Golfo de Nicoya de Costa Rica, eles atoparon a meirande vila indíxena que visitaron, que estaba gobernada por un cacique chamado Chorotega. Dende entón, as fontes lingüísticas empregaron o nome dese cacique como epónimo, "pobo chorotega", para abarcar unha serie de aldeas que tiñan similitudes culturais e lingüísticas malia estar fisicamente separadas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Sánchez, Edwin (16 de setembro de 2002). El Nuevo Diario, ed. "No hubo Nicarao, todo es invento" (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 El Nuevo Diario, ed. (4 de abril de 2009). "Encuentro del cacique y el conquistador" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2017. Consultado o 17 de maio de 2017.
- ↑ Sánchez, Edwin (3 de outubro de 2016). "De Macuilmiquiztli al Güegüence pasando por Fernando Silva" [From Macuilmiquizli to Güegüence through Fernando Silva]. El 19 (en Spanish). Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ Silva, Fernando (15 de marzo de 2003). "Macuilmiquiztli". El Nuevo Diario (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017.