Nicanor Rodríguez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicanor Rodríguez Álvarez
Biografía
Nacemento15 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Gaiás, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1939 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Meás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Nicanor Rodríguez Álvarez, nado en Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 15 de maio de 1904 e finado en Meás o 2 de xuño de 1939, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro de profesión asentado en Meás. Co triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Lobeira e elixido primeiro tenente-alcaide. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 11 de xaneiro de 1937. Estivo preso primeiro en Celanova, posteriormente en Ourense, para novamente ser transferido a Celanova. Foi excarcerado en 1938 con graves problemas de saúde. Morreu no seu domicilio a consecuencia das secuelas provocadas polo maltrato a que foi sometido durante a súa detención e na prisión. En 1941 foi condenado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas a unha multa de 100 pesetas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Segunda Álvarez Domínguez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]