Nicéforo Brienio, o Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nicéforo Brienio de Epidamnos»)
Infotaula de personaNicéforo Brienio, o Vello
Nome orixinal(el) Νικηφόρος Βρυέννιος ο πρεσβύτερος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Edirne (Imperio Bizantino) Editar o valor em Wikidata
Morte1095 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Edirne (Imperio Bizantino) Editar o valor em Wikidata
Estratego
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército bizantino Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiNicéforo Briénio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn Bryennios (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nicéforo Brienio era un xeneral bizantino do século XI. Foi o fillo máis vello de Nicéforo Brienio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no exército baixo as ordes de seu pai no reinado de Romano IV Dióxenes do que foi irmán adoptivo. Apreciado pola súa intelixencia e rectitude, participou xunto ao emperador na súa última campaña contra os selxúcidas en 1071, data na que obtivo o título de magistros e Duque de Dirraquio (Dux de Dyrrachium). Esmagou o levantamento eslavo de 1072 e foi o representante máis distinguido da aristocracia militar bizantina na área europea do imperio. En novembro de 1077 entrou como emperador en Adrianópole, a súa cidade natal, e desde alí enviou forzas contra as murallas de Constantinopla. O seu alzamento coincidiu co do seu homónimo Nicéforo Botaniates en Asia Menor, quen lle tomou a dianteira e fíxose coa capital en marzo de 1078, forzando a renuncia de Miguel Parapinaces. A súa rebelión foi sufocada pouco despois por Aleixo Comneno, naquel momento un dos xenerais de Botaniates. Foi cegado entre abril e maio de 1078 e morreu c. 1095.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. COMNENO, Ana. Alexiada. Traducido por Emilio Díaz Rolando. 1 ed. Sevilla.: Universidad de Sevilla, 1989. 700 p. (Colección Clásicos Universales; nº. 3). ISBN 978-84-7405-433-0. (en castelán)