Niall Horan
(2023) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Niall James Horan 13 de setembro de 1993 Mullingar, Irlanda |
| Outros nomes | Nialler, Neil |
| Educación | Coláiste Mhuire, Mullingar |
| Altura | 1,73 m |
| Lateralidade | manicho |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, guitarrista, cantautor, cantautor |
| Período de actividade | 2010 |
| Membro de | One Direction (2010–2016) |
| Xénero artístico | Música pop, pop rock e folk-pop |
| Patrimonio estimado | 46.000.000 £ (11 de maio de 2018) |
| Instrumento | Voz, guitarra e piano |
| Selo discográfico | Columbia Records Capitol Records |
| Deporte | golf fútbol |
| Familia | |
| Parella | Hailee Steinfeld (2017–2018) |
| Premios | |
| Sitio web | niallhoran.com |
Niall James Horan /ˈnaɪəl ˈhɒrən/;[1] nado o 13 de setembro de 1993, é un cantante e compositor irlandés. O seu ascenso á fama débese a ter sido membro dende 2010 a 2016 do grupo musical, One Direction.[2] En 2010, Horan audicionou como solista no Factor X. Despois de ser rexeitado como solista, Horan uniuse a outros catro concursantes para formar One Direction. Como grupo publicaron cinco álbums, fixeron catro xiras internacionais, e gañaron varios premios, converténdose así nunha das bandas máis exitosas da historia. Despois de que os membros de One Direction decidiran deixar a banda temporalmente, Horan firmou un contrato con Capitol Records como solista. Os seus singles "This Town" e "Slow Hands" do seu álbum debut Flicker (2017) conseguiron o top 20 en moitos países e varios primeiros postos nas listas dos máis escoitados internacionalmente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Niall Horan's totally fake interview". BBC Radio 1. Consultado o 24 May 2018 – vía YouTube.
- ↑ "Niall Horan Biography". Hollywood Life. Consultado o 31 December 2015.