Saltar ao contido

Ngā Wai Hono i te Pō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNgā Wai Hono i te Pō

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mi) Ngā Wai Hono i te Pō Paki Editar o valor en Wikidata
13 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Raíña dos maorís
5 de setembro de 2024 –
← Tūheitia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Waikato
Te Wharekura o Rakaumangamanga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca (2024–) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiTūheitia Editar o valor en Wikidata

Ngā Wai Hono i te Pō, nada o 13 de xaneiro de 1997,[1] é a raíña dos maorís.[2][3] Ascendeu ao trono o 5 de setembro de 2024, sendo elixida para suceder o seu pai Kīngi Tūheitia. O seu nome completo e título é Te Arikinui Kuīni Ngā Wai Hono i te Pō.[4] Os seus títulos Te Arikinui (que significa Xefa Suprema) e Kuīni (que quere dicir Raíña) fóronlle concedidos cando se converteu en monarca. É a filla máis nova, e única, de Tūheitia, e é descendente directa do primeiro rei maorí, Pōtatau Te Wherowhero, que foi coroado en 1858. É a oitava monarca do Kīngitanga e a segunda muller en ocupar o cargo.[4]

Ngā Wai Hono i te Pō naceu na familia real Kīngitanga durante o reinado da súa avoa paterna Te Arikinui Dame Te Atairangikaahu. É a filla máis nova de Kīngi Tūheitia Pōtatau Te Wherowhero VII e da Makau Ariki Atawhai Paki. Os seus primeiros anos de vida estiveron marcados polas prácticas culturais e espirituais do pobo maorí, con especial atención ás tradicións do movemento Kīngitanga.

En 2024, logo da morte do seu pai, Ngā Wai Hono i te Pō foi escollida como raíña dos maorís por un wānanga (foro) de líderes tribais que foi convocado polo Tekau-mā-rua. A súa coroación tivo lugar en Tūrangawaewae Marae, a sede do Kīngitanga, nunha cerimonia á que asistiron líderes e dignatarios de todo o país e do Pacífico. A súa coroación foi vista como unha continuación da misión do Kīngitanga de unificar o pobo maorí e protexer os seus dereitos.[5]

  1. Gabel, Julia (5 de setembro de 2024). "The day the helm of the Māori monarchy passed from father to daughter". The New Zealand Herald (Auckland, New Zealand: NZME). ISSN 1170-0777. Consultado o 24 de setembro de 2024. Kuini Nga wai hono i te po, the eighth monarch of the Kīngitanga, was born on January 13, 1997. 
  2. "Nga Wai Hono i te Po succeeds her father Kiingi Tuheitia". Te Ao Māori News. 5 de setembro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2024. Consultado o 5 de setembro de 2024. 
  3. Stewart, Ella (5 de setembro de 2024). "The new Māori Queen: Kuini Nga wai hono i te po, 27, to succeed her father Kiingi Tuheitia as Māori monarch". Radio New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2024. Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 Rātana, Liam (5 de setembro de 2024). "A new monarch has been named. What's next for the Kīngitanga?". The Spinoff (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2024. Consultado o 5 de setembro de 2024. 
  5. Kerr, Florence; McConnell, Glenn (5 de setembr de 2024). "New Māori monarch named: Queen Ngā Wai hono i te po Paki". Stuff. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2024. Consultado o 6 de setembro de 2024.