Saltar ao contido

Neutrino muónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neutrino muónico
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Masa
   0,28 eV/c² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0b6kh54 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781078550 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O neutrino muónico é unha partícula elemental que ten o símbolo
ν
μ
e carga eléctrica nula. Xunto co muón forma a segunda xeración de leptóns, de aí o nome de neutrino muónico. Foi descuberto en 1962 por Leon Lederman, Melvin Schwartz e Jack Steinberger. O descubrimento foi recompensado co Premio Nobel de Física de 1988.

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

O neutrino muónico ou «neutretto» foi proposto como hipótese por varios físicos na década de 1940.[1] O primeiro artigo sobre esta partícula puido ser a teoría dos dous mesóns de Shoichi Sakata e Takesi Inoue de 1942, que tamén incluía dous neutrinos.[2][3]

En 1962 Leon M. Lederman, Melvin Schwartz e Jack Steinberger demostraron a existencia do neutrino muónico nun experimento realizado no Laboratorio Nacional de Brookhaven.[4] Este logro valeulles o Premio Nobel de Física de 1988.[5]

Anomalía aparente na velocidade

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2011, investigadores do experimento OPERA informaron de que os neutrinos muónicos parecían viaxar máis rápido ca a velocidade da luz. Este resultado foi confirmado nun segundo experimento en novembro de 2011. A comunidade científica recibiu estes resultados con escepticismo, e realizáronse máis experimentos para investigar a anomalía. En marzo de 2012, o equipo de ICARUS publicou resultados que contradicían directamente os de OPERA.[6]

Máis tarde, en xullo de 2012, a aparente propagación superlumínica anómala dos neutrinos foi atribuída a un compoñente defectuoso do sistema de sincronización por fibra óptica dos Laboratorios Nacionais do Gran Sasso. Unha vez corrixido o problema, os neutrinos pareceron viaxar á velocidade da luz dentro das marxes de erro do experimento.[7]

  1. I.V. Anicin (2005). "The Neutrino - Its Past, Present and Future". arXiv:physics/0503172.
  2. Shoichi Sakata; Takesi Inoue (1942). "Chukanshi to Yukawa ryushi no Kankei ni tuite.". Nippon Suugaku-Butsuri Gakkaishi 16. doi:10.11429/subutsukaishi1927.16.232.
  3. Shoichi Sakata; Takesi Inoue (1946). "On the correlations between mesons and Yukawa particles" (PDF). Progress of Theoretical Physics 1 (4): 143–150. Bibcode:1946PThPh...1..143S. doi:10.1143/PTP.1.143.
  4. G. Danby; J.-M. Gaillard; K. Goulianos; L. M. Lederman; N. B. Mistry; M. Schwartz; J. Steinberger (1962). "Observation of high-energy neutrino reactions and the existence of two kinds of neutrinos". Physical Review Letters 9 (1): 36. Bibcode:1962PhRvL...9...36D. doi:10.1103/PhysRevLett.9.36.
  5. "The Nobel Prize in Physics 1988". The Nobel Foundation. Consultado o 2010-02-11.
  6. Anicin, Ivan V.; Aprili, P.; Baiboussinov, B.; Baldo Ceolin, M.; Benetti, P.; Calligarich, E.; Canci, N.; Centro, S.; Cesana, A.; Cieślik, K.; Cline, D.B.; Cocco, A.G.; Dabrowska, A.; Dequal, D.; Dermenev, A.; Dolfini, R.; Farnese, C.; Fava, A.; Ferrari, A.; Fiorillo, G.; Gibin, D.; Gigli Berzolari, A.; Gninenko, S.; Guglielmi, A.; Haranczyk, M.; Holeczek, J.; Ivashkin, A.; Kisiel, J.; Kochanek, I.; et al. (2012). "Measurement of the neutrino velocity with the ICARUS detector at the CNGS beam". Physics Letters B 713 (1): 17–22. Bibcode:2012PhLB..713...17A. arXiv:1203.3433. doi:10.1016/j.physletb.2012.05.033.
  7. "OPERA experiment reports anomaly in flight time of neutrinos from CERN to Gran Sasso (UPDATE 8 June 2012)". CERN press office. 8 June 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2013. Consultado o 19 April 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]