Netta erythrophthalma
Netta erythrophthalma | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Netta erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de N. erythrophthalma
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Netta erythrophthalma é unha especie de ave de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos aitinos, unha das tres integradas no xénero Netta.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1833 polo naturalista alemán Maximilian zu Wied-Neuwied.[2][3], baixo o nome de Anas erythrophthalma.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén poloa sinónimos:
- Anas erythrophthalma Wied-Neuwied, 1833 (protónimo)[2]
- Metopiana erythropthalma (Wied-Neuwied, 1833)
- Nyroca brunnea Eyton, 1838
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na especie recoñécense dúas subespecies:[2][3]
- Netta erythrophthalma brunnea (Eyton, 1838)
- Netta erythrophthalma erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833)
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A subespecie N. e. erythrophthalma distribúese en América do Sur: en Venezuela, Trinidad e Tobago, Colombia, Ecuador, Perú, Brasil, Bolivia, Arxentina e Chile.[1]
A subespecie N. e. brunnea en África: en Angola, Botsuana, Burundi; República Democrática do Congo, Eritrea, Etiopía, Kenya, Lesoto, Malaui, Mozambique, Namibia, Ruanda, Somalia e Suráfrica, Sudán, Eswatini, Tanzania, Uganda, Zambia e Cimbabue.[1]
Necesitan auga doce cunha rica vexetación somerxida. Viven xenalmente en lagos, lagoas ou pantanos de diferentes tamaños e profundidades, permanentes ou temporais. En Brasil ampliaron a súa área de distribución aos encoros que se construíron na meseta central. En Venezuela, tamén vive nos campos de arroz. Polo xeral, evita os ríos e as augas turbias.[1]
A subespecie suramericana ten un rango de distribución fragmentado e encóntrase desde Colombia até Chile, pasando por Venezuela, o Brasil, Ecuador, o Perú, Bolivia e a Arxentina até Chile. Encóntrase nunha ampla variedade de augas doces pouco profundas con vexetación somerxida, desde as terras baixas até os 3 700 m.
A subespecie africana encóntrase desde o Cabo até as terras altas de Etiopía en masas de auga con ou sen vexetación emerxente. Sospéitase que no pasado foron migrantes, pero a construción de numerosos diques agrícolas parece permitilles un estilo de vida máis sedentario. Alcanzan as concentracións máis altas nas mesetas centrais de África e na rexión de chuvias invernais do suroeste.
Características
[editar | editar a fonte]Netta erythrophthalma alcanza unha lonxitude de 48 a 51 cm.[4]
En voo nótase que as ás se despregan relativamente lonxe do tronco.
Presenta un notorio dimorfismo sexual: O macho ten a cabeza negra e o pescozo morado. O iris é vermello. O peito é negro brillante, mentres que o resto do corpo é marrón escuro, case uniforme ou caoba. A plumaxe do dorso é marrón ou verde oliváceo. A cola e o ventre e o manto son avermellados. As plumas da cola son de cor marrón anegrada e a superficie superior da á é negra. O pico é de cor azul agrisada cun cravo negro. As patas son de cor azul agrisada a negra.
A plumaxe da femia é predominantemente de cor castaña avermellada e no dorso marrón máis escuro, mentres que os flancos son máis avermellados. A cara é de cor branca na base do pico e nunha media lúa entre o pescozo e os ollos.
Desde o final do pico á crista debúxase unha ampla banda de cor marrón. O iris é de cor marrón. O pico é de cor gris lousa.
Inmaturos
[editar | editar a fonte]As aves novas parécense á femia adulta, pero as marcas brancas da cara nótanse menos. Os patiños son de cor castaña olivácea na parte posterior do pescozo e no dorso. A fronte, a garganta e a cara son de cor amarela pálida.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Comportamento
[editar | editar a fonte]Esta especie é parcialmente migratoria e fai viaxes locais e de longa distancia polo sur de África. Congrérganse na parte central da súa área de distribución (Zambia, Tanzania) na metade do ano co fin de aparearse. Durante a temporada de reprodución encóntrase xenalmente en parellas ou en pequenos grupos. Durante a temporada non reprodutiva a especie é relativamente sociábel, con bandadas de varios centos de aves (unha concentración de 5 000 aves rexistrouse unha vez). Estas concentraciónes grandes polo xeral só se producen durante a estación seca, baixo a presión da redución das superficies de auga.[1]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Netta erythrophthalma é máis activa buscando o seu alimento pola mañá cedo, e despois pola noite. No intervalo pasa tratando de descansar na beira ou na auga. Busca seu alimento principalmente mergullándose. Come vegetais que afloran sobre a superficie da auga, pero aliméntase principalmente de sementes de plantas acuáicas e, en menor proporción, das partes verdes das plantas. Consome arroz. E aínda que a súa dieta é principalmente vexetariana come tamén escaravellos, caracois, formigas, hemípteros e crustáceos.[1]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Constrúe un niño en forma de cubeta con material vexetal, que adoita estar ben escondido na vexetación de altura emerxente, como papiros, canas o xuncos, xa sexa por encima da auga, ao longo da terra ou sobre a herba alta nna auga. Ten un diámetro de 17,5 a 28 cm e de 10 a 23 cm de profundidade. Ocasionalmente serven como niños os buratos antigos de formigueiros o niños vellos doutras aves acuáticas.
Os ovos son de cor branca a castaña clara. Só a femia os incuba. O período de incubación é de 23 a 26 días, no curso do cal debilítase o vínculo de parella entre macho e femia. Por regra xeral, os machos deixan ás femias a cría e retíranse á zona de muda. Ás veces os machos mantéñense canda a femia. Os pitos empluman despois de 7 a 8 semanas. Alcanzan a madurez sexual no seu primeiro ano.[4]
Ameazas
[editar | editar a fonte]A poboación suramericana desta especie sufriu un gran descenso, posibelmente debido á degradación do hábitat (a sedimentación causada pola erosión do solo degrada as masas de auga ricas en plantas preferidas pola especie).[4] En África a subespecie está ameazada pola transformación das zonas húmidas en terras agrícolas,[4][5] e polas capturas nas redes de enmalle [4]. A especie tamén é susceptible ao botulismo aviar, polo que pode verse ameazada por futuros brotes da enfermidade.[6]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 BirdLife International (2016): Netta erythrophthalma na Lista vermella da UICN. Consultada o 1 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Netta erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833) no GBIF. Consultado o 1 de decembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Netta erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833) na BioLib.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Kear, Janet, Hrsg. (2005): Ducks, Geese and Swans. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-1985.4645-9
- ↑ del Hoyo, Elliot & Sargatal 1992.
- ↑ van Heerden, J. (1974): "Botulism in the Orange Free State goldfields". Ostrich 45 (3): 182-184.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Netta erythrophthalma |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Netta erythrophthalma |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. (Ducks, Geese and Swans). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
- del Hoyo, J., Elliot, A. & Sargatal, J. (1992): Handbook of the Birds of the World, Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-10-8.
- Maclean, G. L. et al. (1977): "Southern Pochard" en The atlas of southern African birds. Volume 1: Non-passerines Arquivado 03 de decembro de 2022 en Wayback Machine.. ISBN 0-6202-0730-2.