Saltar ao contido

Net als toen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Net als toen
Corry Brokken Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
Net als toen (nl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
1957 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dp3x_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata

«Net als toen» (en galego: «Tal como entón») é unha canción composta por Guus Jansen e interpretada en neerlandés por Corry Brokken.[1] Lanzouse como sinxelo en 1957 mediante Ronnex Records.[2] Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1957 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1957, e declarouse gañadora do certame.[3][4]

Festival de Eurovisión 1957

[editar | editar a fonte]
Corry Brokken, intérprete da canción, en 1958.

Selección

[editar | editar a fonte]

«Net als toen» cualificouse para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1957 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1957.[3]

No festival

[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada pola cantante neerlandesa Corry Brokken.[4] A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.[5]

Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Austria con Bob Martin interpretando «Wohin, kleines Pony?» e precedendo a Alemaña con Margot Hielscher interpretando «Telefon, Telefon». Ao final das votacións, a canción recibiu 31 puntos, obtendo o primeiro posto de 10.[6]

  1. "Net Als Toen". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
  2. "Corry Brokken, Ronnex Orkest* – Net Als Toen". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
  3. 1 2 "The Netherlands 1957" [Países Baixos 1957]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
  4. 1 2 UER (ed.). "Corry Brokken - The Netherlands — Frankfurt 1957" [Corry Brokken - Países Baixos — Frankfurt 1957]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
  5. "Dolf van der Linden". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1957, Dolf van der Linden. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2019.
  6. UER (ed.). "Final of Frankfurt 1957" [Final de Frankfurt 1957]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
«Voorgoed voorbij»
Corry Brokken

Países Baixos no Festival de Eurovisión

1957
Sucesor:
«Heel de wereld»
Corry Brokken