Nervio cutáneo medial do brazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Área de innervación do nervio cutáneo medial do brazo

O nervio cutáneo medial do brazo é un nervio do membro superior humano. Deriva dunha póla do fascículo lateral do plexo braquial. Pasa a través da axila e o brazo, onde fura a fascia fonda e innerva a pel da superficie medial ou interna do terzo distal do brazo. Na axila, comunícase co nervio intercostobraquial de T2. As febras do cutáneo medial do brazo innervan tamén o chan da axila.