Neroli Fairhall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neroli Fairhall
Nacemento26 de agosto de 1944
Lugar de nacementoChristchurch
Falecemento11 de xuño de 2006
Lugar de falecementoWellington
NacionalidadeNova Zelandia
Ocupaciónarqueira, atleta e atleta paralímpica
Premiosmembro da Orde do Imperio Británico
Na rede
Olympic.org: neroli-fairhall Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Neroli Susan Fairhall MBE, nada en Christchurch o 26 de agosto de 1944 e finada o 11 de xuño de 2006, foi unha atleta de Nova Zelandia e a primeira competidora parapléxica nos Xogos Olímpicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fairhall comezou a practicar tiro con arco após dun accidente de moto que a deixou paralizada de cintura para abaixo, acabando coa súa carreira atlética anterior. Foi quen de competir nos Xogos Olímpicos de 1984 e acadou o posto número 35. Fairhall foi a primeira parapléxica que competiu nos Xogos Olímpicos.[1]

Fairhall gañou a medalla de ouro cando se introduciu o tiro con arco por primeira vez nos Xogos da Commonwealth en Brisbane en 1982.

Foi campioa nacional por moitos anos e gañou medallas e títulos nos Xogos Paralímpicos, os Campionatos do Mundo de Tiro con Arco e outros torneos internacionais. Participou nos Xogos Paralímpicos de 1972, en 1980, en 1988 e 2000. Nos seus primeiros xogos competiu en atletismo.[2] Nos Xogos Paralímpicos de 1980 participou en atletismo e tiro con arco, gañando unha medalla de ouro neste último. Nos Xogos Paralímpicos de 1988 e de 2000 só competiu en tiro con arco.

En 1983, Fairhall foi galardoada como membro da Orde do Imperio Británico pola súa contribución ao tiro con arco e ás persoas con discapacidade.[3] Continuou adestrando no seu club de tiro con arco en Christchurch despois de retirarse. Morreu o 11 de xuño de 2006 con 61 anos por unha doenza relacionada coa súa discapacidade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Tributes flow for archery legend Fairhall". The New Zealand Herald. 13 de xuño de 2006. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2006. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  3. "The London Gazette". London Gazette (49214). 31 de decembro de 1982. p. 48. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]