Nereocystis
Aparencia
Nereocystis luetkeana | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie | |||||||||||||
Nereocystis luetkeana |
Nereocystis, chamada en inglés Bull Kelp (alga touro) é unha alga laminaria xigante. Etimoloxicamente significa "vexiga de serea", en alusión ao neumatocisto xigante que presenta para favorecer a súa flotabilidade e que contén os gases O 2, CO 2, N 2 e CO. [1] Forma grosos leitos nas rochas e é un compoñente importante dos bosques de algas. É común na costa do Pacífico desde California até Alasca.
Pode crecer até un máximo de 36 m e producir de 30 a 64 láminas (follas), cada unha delas pode chegar até os 4 m de longo e 15 cm de grosor. Posúe un rizoide ramificado para a súa fixación e o estipe que é cilíndrico mide ducias de metros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Foreman, Ronald E. (1976). "Physiological aspects of carbon monoxide production by the brown alga Nereocystis luetkeana" 54 (3-4): 352–360. ISSN 1916-2804. doi:10.1139/b76-032.