Nerea Pallares
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de outubro de 1989 Lugo |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Pompeu Fabra |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritora |
| Premios | |
Nerea Pallares Vilar, nada en Lugo o 10 de outubro de 1989, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un Mestrado en Literatura, Arte e Pensamento na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, cunha tese sobre as novas expresións escénicas da filosofía do absurdo, e foi bolseira, entre outras institucións, na Cité Internationale des Arts en París, no Centro de Investigação Artística Hangar, en Lisboa, e na Fundación Gala de Córdoba. Colaborou en Dorna, Quimera e Granta.
Participou en varias residencias literarias, entre elas a Residencia Literaria da Cidade da Cultura dirixida por Javier Peña.[1]
En 2025 gañou o Premio García Barros con Punto de araña[2][3], onde reflexiona sobre a precariedade do traballo feminino e reivindica as mulleres do mar.[4] En 2026 a mesma obra foi finalista do Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Creación Literaria.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]- Punto de araña (2025). Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-469-8.
En castelán
[editar | editar a fonte]- Sidecar (2015). Ed. Oblicuas. 76 páxs. ISBN 978-8415528470.
- Los ritos mudos (2021). Inlimbo Ed. 116 paxs. ISBN 9788412167597.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2025: Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey, por Botar un conto.[6]
- 2025: Premio García Barros con Punto de araña.
- 2026: Premio Follas Novas do Libro Galego, Mellor Libro de Narrativa por Punto de araña.[7]
- 2026: Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, por Punto de araña.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Página Dos - Nerea Pallares" (en castelán). 2026-03-21. Consultado o 2026-03-21.
- ↑ Nerea Pallares Vilar, gañadora do Premio García Barros 2025
- ↑ Nerea Pallares, gañadora do premio Manuel García Barros: «Hai unha ollada crítica sobre como nos vencellamos e sostemos a vida»
- ↑ Magide, Nerea (2025-04-26). ""As mulleres redeiras sosteñen o mundo cando os homes van ao mar"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2025-11-28.
- ↑ Redacción (2026-10-17). "Gonzalo Hermo, Universo Cantigas II, Abraham Cupeiro ou o proxecto de comunicación do RC Celta, entre os Premios da Crítica 2026". Nós Diario. Consultado o 2026-10-17.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2025-07-08). "A escritora lucense Nerea Pallares gaña o VIII Premio Lueiro Rey de xornalismo". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-07-09.
- ↑ "Nerea Pallares, Andrea Nunes Brións e Cándido Pazó gañan os Follas Novas". La Voz de Galicia. 2026-05-09. Consultado o 2026-05-09.
- ↑ "Hugo Gonçalves, Andrés Neuman e Nerea Pallares gañan o Premio San Clemente". La Voz de Galicia. 2026-10-28. Consultado o 2026-10-29.