Nerea Brey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de agosto de 1987 Lalín |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, dramaturgo |
| Sitio web | nereabrey.com |
Nerea Brey Fernández, nada en Lalín o 16 de agosto de 1987, máis coñecida polo seu nome artístico Nerea Brey, é unha actriz, directora e dramaturga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, titulada en Interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e mestrado en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo.
Interpretou o papel de María Casares na produción teatral Despois das ondas, de ButacaZero (2019), e nas visitas teatralizadas á Casa Museo Casares Quiroga do Concello da Coruña (2022). Formou parte do elenco de Soga e Cinsa (2021), de Aporía Escénica, compañía coa que tamén levou a escena 6 cubos negros en corpo branco (2017). Asumiu varios personaxes na obra O péndulo (2022), de Inversa Teatro. Creou, xunto coa artista Miriam Rodríguez, a micropeza Deshabitada (2023) para o programa Violencia Zero da Deputación de Pontevedra (2023). Actuou en Illas Desertas (2023), de ArtesaCía. Cabe destacar, ademais, a súa participación nos espectáculos da compañía Feira do Leste: Exilio das moscas (2016) e Tras Tannhäuser (2018), este último beneficiario das Ayudas Creación Joven do INJUVE.
Traballou con Abismo Caracol protagonizando a obra Entelequias (2020), maila película co mesmo título, e intervindo no filme El cuarto de mona (2021). A súa experiencia no audiovisual inclúe tamén a serie Rapa (2024), de Movistar Plus+ e Portocabo; a longametraxe 13 Exorcismos (2022), de Atresmedia Cine e Bambú Producciones; e O bosque de levas (2007), de Ficción Producciones.
Impartiu clases de dicción e expresión oral na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia durante o curso 2021/2022. En 2023 foi galardoada co 18º Premio Abrente de Textos Teatrais pola peza Manual de patronaxe [1]. En 2024, dirixiu Cancións amarelas, flores tristes, primeiro espectáculo da compañía Manekineko, da que é cofundadora.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2023: XVIII Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Manual de patronaxe.