Saltar ao contido

Neoterio Antón Ortiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNeoterio Antón Ortiz
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Mota del Marqués, España Editar o valor en Wikidata
Mortenovembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Viana do Bolo
1950 – 1957 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Neoterio Antón Ortiz, nado en Mota del Marqués (Valladolid) o 8 de setembro de 1897 e finado en novembro de 1992, foi un mestre, xornalista e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa época de estudante militou nas Juventudes Mauristas de Zamora. Mestre de Pinza, colaborou en Heraldo de Zamora, La Provincia, El Pueblo Gallego, Galicia e Vida Gallega.[1][2] En 1935 foi nomeado mestre de Mourisca.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse en Ourense o día 21 ante os militares e os falanxistas, regresando a Viana do Bolo para crear a Falange da que foi secretario local e xefe accidental, cometendo varias irregularidades. Participou no mitin falanxista de Viana do Bolo o 3 de xaneiro de 1937, e o 14 do mesmo mes saíu para a fronte coa Bandeira ourensá de Falange permanecendo en primeira liña once meses. Foi nomeado alcalde de Viana do Bolo en 1950. Foi deputado provincial. Foi xefe local do Movimiento ata maio de 1957.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Maruja López en xuño de 1929.[5]

  1. El Pueblo Gallego, 14-7-1928, p. 2.
  2. La Provincia, 4-10-1927, p. 3.
  3. Galicia, 11-7-1935, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 17-5-1957, p. 11.
  5. El Pueblo Gallego, 26-6-1929, p. 11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lamela, Luis (2025). Golpistas e represores. Retratos e memoria histórica de falanxistas galegos. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 297–299. ISBN 978-84-8487-715-8. 


Predecesor:
José María Fernández Terrado
 
Alcalde de Viana do Bolo
 
1950 - 1957
Sucesor:
Manuel Pérez Puga