Neontoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A neontoloxía é a parte da bioloxía que, a diferenza da paleontoloxía, trata con organismos vivos ou extinguidos recentemente. É o estudo das especies, xéneros, familias e outros taxons con membros aínda vivos, en vez de con taxons que están xa completamente extinguidos. Por exemplo, o alce é unha especie existente, mentres que o tiranosauro está extinguido desde hai longo tempo. No grupo dos moluscos cefalópodos, en 1987 coñecíanse aproximadamente unhas 600 especies vivas e 7 500 extinguidas.[1]

Un taxon pode clasificarse como extinguido se hai acordo xeral ou certificación de que xa non hai membros dese grupo aínda vivos. Inversamente, un taxon extinguido pode ser reclasificado como existente se hai novos descubrimentos de exemplares vivos dese taxon ("especies Lázaro") ou se especies coñecidas previamente son reclasificadas como membros dun taxon.

O termo neontólogo é moi utilizado polos paleontólogos para referirse aos zoólogos que non son paleontólogos. Stephen Jay Gould dixo da neontoloxía o seguinte:

Todas as profesións manteñen os seus parroquianismos, e confío que os lectores non paleontólogos esquecerán a nosa grave manifestación. Nós somos paleontólogos, polo que necesitamos un nome para diferenciarnos de todos os que estudan os organismos modernos nos tempos humanos ou ecolóxicos. Vós, por tanto, pasades a ser neontólogos. Nós recoñecemos a desequilibrada e parroquiana natureza desta división dicotómica.

All professions maintain their parochialisms, and I trust that nonpaleontological readers will forgive our major manifestation. We are paleontologists, so we need a name to contrast ourselves with all you folks who study modern organisms in human or ecological time. You therefore become neontologists. We do recognize the unbalanced and parochial nature of this dichotomous division.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barnes, Robert D. (1987). Invertebrate Zoology (5th ed.). Philadelphia: Saunders College Publishing. ISBN 0-03-008914-X. 
  2. Gould, Stephen Jay (2002). The Structure of Evolutionary Theory. Harvard University Press. p. 778. ISBN 0-674-00613-5.