Saltar ao contido

Neoloxismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neoloxismo
 Instancia de
 Subclase de
 Estudado por
 Practicado por
 Parcialmente coincidente con
 Oposto a
 Caracterizado por
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Un neoloxismo[1] é unha palabra ou expresión de creación recente nunha lingua ou collida prestada, dende hai pouco, doutra lingua. Con frecuencia relaciónase cunha innovación técnica ou cultural na sociedade. Unha palabra nace xeralmente cando xorde unha nova realidade que esixe ser nomeada, como inventos e descubrimentos, e tamén para nomear novos fenómenos políticos, económicos ou culturais.

Un termo novo é un neoloxismo con respecto á época en que xorde; logo, e tendo en conta certos parámetros, deixa de selo.

Algúns sosteñen que a creación de neoloxismos prodúcese por modas e por necesidades de novas denominacións. Dende o punto de vista do purismo, hai neoloxismos innecesarios, como os que alongan as palabras converténdoas en arquisílabas,[2][3] pero tamén hai outros neoloxismos necesarios como, por exemplo, bonobús ou seropositivo. Porén, outros especialistas cren que os neoloxismos dinamizan a lingua e mantéñena viva.[4]

Hoxe en día, os medios de comunicación son os principais propagadores dos neoloxismos e dos préstamos lingüísticos. Algúns destes termos teñen unha vida efémera.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neoloxismo.
  2. Arteta, Aurelio (21 de setembro de 1995). "La moda del archisílabo". Diario El País. Consultado o 14 de febreiro de 2016. 
  3. Arteta, Aurelio (13 de febreiro de 2016). "Penúltimos archisílabos". Diario El País. Consultado o 14 de febreiro de 2016. 
  4. "Nuevas palabras para nuevas realidades | Página/12". Consultado o 13 de setembro de 2025.