Neohesperidina dihidrocalcona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Neohesperidina dihidrocalcona, (NHDC), código de aditivo alimentario E 959, é un edulcorante relacionado cunha substancia presente na laranxa amarga, Citrus aurantium, das que se obtén por modificación química.

Utilízase en bebidas carbonatadas e non carbonatadas, gomas, caramelos e outras lambetadas.

É entre 250 y 1.800 veces máis doce que a sacarosa, presentando un sabor máis persistente, con regusto a regalicia.

É inocuo e degrádase en parte pola acción da flora intestinal.

A inxesta diaria admisible é de 0-5 miligramos por quilogramo de peso corporal