Nemzeti dal
Nemzeti dal | |
---|---|
Manuscrito orixinal do Nemzeti dal | |
Autor/a | Sándor Petőfi |
Lingua | lingua húngara |
Data de pub. | 15 de marzo de 1848 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nemzeti dal (en húngaro: Canto Nacional) é un poema patriótico húngaro escrito en 1848 polo poeta Sándor Petőfi que serviu de detonante para a revolución húngara de 1848 contra o poder absoluto dos Habsburgo sobre Hungría.
O poema foi recitado por primeira vez publicamente no café Pilvax en Pest o 15 de marzo de 1848, onde se reunía Sándor Petőfi e os seus amigos intelectuais Mór Jókai, Pál Vasvári e Gyula Bulyovszky. O poema xunto cos chamados 12 puntos que esixían máis independencia do poder absoluto dos Habsburgo pronto foron declamados por toda a cidade, enchéndose as rúas húngaras de enxeñeiros, médicos, profesores, iniciándose así a protesta contra os austríacos.
Poema
[editar | editar a fonte]Húngaro | Galego |
---|---|
Talpra magyar, hí a haza! |
De pé húngaro, a patria chama! |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Horváth János: Petőfi Sándor (Budapest, Pallas Kiadó, 1922.)
- O primeiro exemplar impreso do Nemzeti dal con escritos da man de Sándor Petőfi (en húngaro) Fonte: Könyv-e.hu Elektronikus Könyvtár