Nelson Algren
Nelson Algren | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de marzo de 1909 |
Lugar de nacemento | Detroit |
Falecemento | 9 de maio de 1981 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, Theodore Roosevelt High School e UIUC College of Media |
Ocupación | escritor e novelista |
Coñecido por | Never Come Morning |
Premios | National Book Award |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nelson Algren, nado en Detroit (Míchigan) o 28 de marzo de 1909 e finado en Long Island (Nova York) o 29 de maio de 1981, foi un escritor estadouniense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun sueco convertido ao xudaísmo naceu en Detroit, co nome de Nelson Ahlgren Abraham, a súa familia transladouse a vivir nun barrio pobre de Chicago cando tiña tres anos. Algren graduouse en xornalismo pola Universidade de Illinois en 1931, durante a Gran Depresión, marchou a Texas para traballar nunha gasolineira, alí escribiu a súa primeira historia, So Help Me.
A súa primeira novela, Somebody in Bootswas publicouna en 1935, a súa seguinte novela, Never Come Morning, (1942) retrata o final dun criminal novo en medio do barrio polaco de Northwest Side, onde o propio Algren viviu boa parte da súa vida.
Durante a segunda guerra mundial serviu en Europa, a pesar de ser licenciado denegóuselle a entrada na Officer Candidate School, quizais debido ás súas ideas políticas.
O mundo literario de Algren está cheo de borrachos, chulos, prostitutas, drogadictos, políticos corruptos e gangsters. The Man with the Golden Arm (1950) é a súa novela máis coñecida, Otto Preminger fixo unha versión cinematográfica en 1955.
Algren mantivo fortes vencellos con Simone de Beauvoir e xuntos viaxaron a Suramérica en 1949.
Obras[editar | editar a fonte]
- Somebody in Boots (1935)
- Never Come Morning (1942)
- The Neon Wilderness (1947)
- The Man with the Golden Arm (1949), concerns heroin addiction
- Chicago, City on the Make (1951)
- A Walk on the Wild Side (1956)
- Nelson Algren's Own Book of Lonesome Monsters (1962)
- Who Lost an American? (1963)
- Conversations with Nelson Algren (1964)
- The Last Carousel (1973)
- The Devil's Stocking (1983)
- America Eats (1992)
- He Swung and He Missed (1993)
- Nonconformity (1994)
- The Texas Stories of Nelson Algren (1994)