Nellie Melba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nellie Melba
Nellie Melba 3.jpg
Nome completoHelen Porter Mitchell
Nacemento19 de maio de 1861
 Richmond e Melbourne
Falecemento23 de febreiro de 1931 e 1931
 Sydney
Causasepse
NacionalidadeAustralia
Alma máterPresbyterian Ladies' College, Melbourne
Ocupacióncantante, cantante de ópera e autobiógrafa
PaiDavid Mitchell
PremiosDame Grand Cross of the Order of the British Empire e Victorian Honour Roll of Women
editar datos en Wikidata ]
Melba en Faust

Dama Nellie Melba GBE nada en Richmond (Melbourne) o 19 de maio de 1861 e finada en Sydney o 23 de febreiro de 1931, nacida Helen "Nelie" Porter Mitchell, foi unha soprano operística australiana. Foi unha das máis famosas cantantes do fin da era vitoriana e do inicio do século XX. Foi a primeira australiana en recibir recoñecemento internacional como unha musicista clásica.

Melba estudou canto en Melbourne e fixo un modesto éxito en actuacións alí. Tras un breve e infeliz casamento, mudouse a Europa na procura dunha carreira no canto. Non encontrando traballos en Londres en 1886, estudou en París e axiña tivo un grande éxito en Bruxelas. Retornando á Londres  rapidamente se estabeleceu como unha soprano lírica no Covent Garden, a partir de 1888. Alcanzou o éxito en París e en toda Europa e por último no Metropolitan Opera House de Nova York, debutando alí en 1893. O seu repertorio foi pequeno: en toda a súa carreira non cantou máis que 25 papeis e ficou lembrada con só dez. Foi coñecida polas súas interpretacións nas óperas francesas e italianas, mais tamén cantou ópera alemá.

Durante a primeira guerra mundial, Melba comezou as súas obras de caridade. Volveu a Australia frecuentemente durante o século XX, cantando en óperas e concertos e construíuse unha casa preto de Melbourne.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Melba naceu en Richmond, Victoria, a máis vella dos sete fillos de David Mitchell e a súa esposa, Isabella Mitchell (nada Dorn).[1] Mitchell, un escocés, emigrou a Australia en 1852, comezando unha carreira de éxito como construtor. Melba tivo clases de piano e a súa primeira presentación de canto en público tivo lugar aos seis anos de idade.[2] Foi educada nunha escola local e posteriormente no Colexio Presbiteriano para Mozas.[3] Estudou canto con Mary Ellen Christian (unha alumna formada de Manuel García) e Pietro Cecchi, un tenor italiano que era moi respectado como profesor de canto en Melbourne. Melba continuou a presentarse, na adolescencia, en concertos afeccionados en toda Melbourne e tamén tocou o órgano na igrexa local. O seu pai encoraxouna a continuar os estudos musicais, mais desaprobou que levase o canto como profesión.[4] A nai de Melba morreu repentinamente en 1880 e ela mudouse a Queensland.

En decembro de 1882, Melba casou con Charles Nesbitt Frederick Armstrong (1858-1948), o fillo máis novo de Sir Andrew Armstrong. Tiveron un fillo, George, nacido en 1883.[5] O casamento non tivo éxito; Charles agrediu a súa esposa máis dunha vez. A parella separouse tras un ano e Melba retornou a Melbourne determinada a seguir a carreira de cantante, debutando profesionalmente en concertos en 1884. Cun forte éxito local, viaxou a Londres na procura de oportunidades. A súa estrea no Prince's Hall foi en 1886, tendo pouca expresión, tendo feito un traballo sen éxito dunha obra de Sir Arthur Sullivan, Carl Rosa e Augustus Harris.[6] Entón foi a París, para estudar coa profesora Mathilde Marchsi, que instantaneamente recoñeceu o potencial da moza cantante. Melba fixo un rápido progreso que a permitiu cantar a "Escena triste" de Hamlet de Ambroise Thomas no matinée musicale na casa de Marchesi en decembro de 1886, na presenza do compositor.

O talento da moza cantante era tan evidente, que só un ano despois de comezar as clases con Marchesi, pechou un contrato de dez anos co empresario Maurice Strakosch. Tras asinalo, recibiu unha oferta mellor do Teatro de La Monnaie, Bruxelas, mais Strakosch non estaba disposto a liberala. Acabou desesperada cando o asunto se resolveu coa morte repentina de Strakosch.[7] Fixo a súa estrea operística como Gilda en Rigoletto de Giuseppe Verdi en La Monnaie o día 12 de outubro de 1887. O crítico Herman Klein describiu a súa Gilda como "un triunfo instantáneo do xeito máis enfático, seguido, poucas noites despois, dun éxito igual da súa Violetta en La traviata". Foi nesa época, en que Marchesi aconsellou que adoptase o nome de "Melba", unha contracción de súa cidade natal.

Londres, París e Nova York[editar | editar a fonte]

Melba fixo súa estrea no Covent Garden en maio de 1888, no papel título en Lucia di Lammermoor de Gaetano Donizetti. Ela recibiu unha recepción amable, mais non excitada. The Musical Times escribiu, "Madame Melba é unha vocalista fluente e unha representante respectable das partes de soprano leves, mais ela carece dun encanto persoal, necesario para as grandes figuras dos escenarios líricos".[8] Ela ficou ofendida cando Augustus Harris, entón responsable do Covent Garden, lle ofreceu o seu único papel, o pequeno Oscar de Un ballo in maschera, para a temporada seguinte.[9] Ela deixou a Inglaterra e nunca máis volveu. O ano seguinte, presentouse na Opéra de París, no papel de Ophélie en Hamlet.[10]

Nellie Melba by Henry Walter Barnett.jpg

Melba foi persuadida por Lady de Grey a volver a Inglaterra e Harris colocouna en Romeo e Xulieta, que foi presentada en xuño de 1889, coprotagonizada con Jean de Reszke. Trala súa presentación, volveu a París como Ophélie, Lucia di Lammermoor, Gilda en Rigoletto, Marguerite en Faust e Julieta. En óperas francesas, a súa pronuncia foi pobre, mais o compositor Léo Delibes dixo que non lle importaba se cantaba en francés, italiano, alemán, inglés ou chinés, mentres ela cantase.

No comezo da década de 1890, Melba embarcou nunha relación co príncipe Filipe, Duque de Orleáns. Eles eran vistos xuntos frecuentemente en Londres e as sospeitas eran grandes, mais aumentaron cando Melba viaxou por toda a Europa ata San Petersburgo para cantar para o tsar Nicolao II e o Duque a seguiu de preto e foron vistos xuntos en París, Bruxelas, Viena e San Petersburgo. Armstrong seguiu os procesos para o divorcio, acusando a Melba de adulterio, nomeando o Duque como correspondente; el foi persuadido a prolongar o caso, mais o Duque decidiu facer un safari de dous anos por África (sen Melba), o que foi apropiado para o momento. El e Melba nunca falaron sobre a súa relación.[11] Nos primeiros anos da década, Melba apareceu nas maiores casas de ópera, incluíndo Milán, Berlín e Viena.

Melba cantou o papel de Nedda en Pagliacci no Covent Garden en 1893, logo da première italiana da obra.[12] O compositor estaba presente e dixo que o papel nunca fora cantado tan ben. En decembro do mesmo ano, Melba cantou no Metropolitan Opera House en Nova York por primeira vez. Como no seu debut no Covent Garden, apareceu no Met como Lucia e como aconteceu no Covent Garden, tivo un pequeno éxito.[13] A súa interpretación en Romeo e Xulieta, no fin da temporada, foi un triunfo e estabilizouna como unha prima donna, sucedendo a Adelina Patti.[14]

A partir da década de 1890, Melba cantou a maior parte das súas interpretacións no Covent Garden, a maioría delas no repertorio de soprano lírico, mais con papeis máis pesados, tamén. Cantou os papeis de Elaine[15] de Herman Bemberg e Esmeralda[16] de Arthur Goring Thomas. As súas personaxes italianas incluíron Gilda en Rigoletto, Aida, Desdemona en Otello, Luisa en I Rantzau de Pietro Mascagni, Nedda en Pagliacci, Rosina en Il barbiere di Siviglia, Violetta en La traviata[17] e Mimi en La Bohème.[18][19][20][21] O seu repertorio francés contaba con Xulieta en Romeo e Xulieta, Marguerite en Faust, Marguerite en Les Huguenots, Hélène de Camille Saint-Saëns (que foi escrito para ela ) e Micaëla en Carmen.[22][23][24][25]

Melba non foi moi recoñecida como unha cantante wagneriana, cantando ocasionalmente Elsa en Lohengrin e Elisabeth en Tannhäuser. Ela recibiu un correcto recoñecemento neses papeis.[26] En 1896, no Metropolitan Opera House, ela interpretou o papel de Brünnhilde en Sigurd, no cal non tivo moito éxito. O seu papel máis frecuente nesa casa foi Marguerite de Faust, de Charles Gounod, papel que ela estudou coa supervisión do propio compositor. Nunca cantou ningunha das óperas de Wolfgang Amadeus Mozart, a pesar de ter a voz ideal para esas óperas.

O seu repertorio en toda a carreira contou con 25 papeis, dos cales, o obituarista do The Times escribiu: "só dez desas operas serán lembradas como dela mesma".

Século XX[editar | editar a fonte]

NellyMelbaRosina.jpg

Xa estabelecida como estrela líder na Gran Bretaña e nos Estados Unidos, Melba fixo súa primeira visita a Australia en 1902-03 para unha xira de concertos, tamén facendo xiros en Nova Zelandia.[27] Os lucros foron tantos, que ela volveu para catro xiras máis durante súa carreira. En Gran Bretaña, Melba fixo unha campaña da ópera La Bohème de Giacomo Puccini. Cantou a parte de Mimi por primeira vez en 1899, estudando co propio compositor.[28] O entusiasmo do público foi tal, que a peza volveu ser representada en 1902, cando actuou con Enrico Caruso por primeira vez no Covent Garden, primeira de varias. Ela cantou Mimi para Oscar Hammerstein I na súa casa de ópera de Nova York en 1907. Tralo seu éxito inicial en Bruxelas e París na década de 1880, Melba cantou sen frecuencia no continente europeo.[29]

Mesmo con ela chamando o Covent Garden a "miña casa artística", as súas aparicións na casa volvéronse menos frecuentes no século XX. Unha das razóns para que iso acontecese foi polos seus desentendimentos con Sir Thomas Beecham, que estaba no control da casa de ópera a partir de 1910 ata a súa xubilación. Ela comentou: "Non me gusta Beecham nin os seus métodos".[30][31] Outro factor que contribuíu para a redución das súas aparicións no Covent Garden foi a aparición da soprano Luisa Tetrazzini, unha soprano dez anos máis nova, que se converteu nun grande éxito en Londres e posteriormente en Nova York, nos mesmo papeis relacionados con Melba. A terceira razón foi que tomou a decisión de pasar máis tempo na Australia. En 1909, realizou a chamada "Xira sentimental", onde viaxou dezaseis mil quilómetros, atinxindo ata territorios remotos. En 1911, coa compañía J. C. Williamson, apareceu nunha temporada de ópera.[32]

En 1909, Melba comprou unha propiedade en Coldstream, unha cidade pequena próxima a Melbourne e en 1912 construíu o Coombe Cottage. Ela tamén creou unha escola de música en Richmond, que máis tarde se converteu no Conservatorio de Melbourne. Ela estaba en Australia cando comezou a primeira guerra mundial e así comezou a axudar na guerra, doando 100 000 libras. En recoñecemento diso, foi nomeada Dama Comandante da Orde do Imperio Británico en marzo de 1918.[33]

En 1922 Melba volveu a Australia, onde cantou os seus inmensos éxitos "Concertos para o Pobo" en Melbourne e Sydney, con entradas accesibles, atraendo 70 000 persoas.[34] En 1926 fixo a súa presentación de despedida no Covent Garden, cantando escenas de Romeo e Xulieta, Otello e La Bohème.

En 1929 volveu a Europa por última vez e entón visitou Exipto. A súa última actuación foi en Londres, nun concerto de caridade o día 10 de xuño de 1930. Volveu a Australia, mais faleceu no Hospital Saint Vincent, en Sydney, en 1931, aos 69 anos de idade, de sepse, que desenvolveu tras unha cirurxía facial feita na Europa.[35] A morte marcou a primeira páxina da maioría dos xornais de Australia, o Reino Unido, Nova Zelandia e Europa. Os titulares de moitos países simplemente dixeron: "Melba morreu".

A súa lápida ten as palabras de Mimi: "Addio, senza rancor" (Adeus, sen rancor).

Honores e legado[editar | editar a fonte]

Estatua de Melba en Waterfront City, Melbourne Docklands

Melba foi nomeada Dama Comandante da Orde do Imperio Británico en 1918 xunto con May Whitty, primeira actriz que recibiu esta orde, polas súas obras de caridade durante a primeira guerra mundial, e recibiu a Gran Cruz da Orde do Imperio Británico en 1927.[3] Foi a primeira persoa australiana que apareceu na portada da revista Time en abril de 1927.[36] É unha das só dúas cantantes cun busto de mármore na gran escaleira da Royal Opera House, Covent Garden. A outra é Adelina Patti.[37]

O conservatorio de Melbourne foi renomeado Melba Memorial Conservatorium of Music na súa honra en 1956. A sala de música da Universidade de Melbourne coñécese como Melba Hall. O suburbio de Canberra Melba denomínase así por ela. O billete de cen dólares australianos leva a imaxe da súa cara,[38][39] e tamén apareceu nun selo australiano.[4]

O nome de Melba está asociado con catro comidas, todas creadas na súa honra polo chef francés Auguste Escoffier:

  • Pexego Melba, sobremesa feita de pexegos, salsa de framboesa e xeado de vainilla[40]
  • Salsa Melba, puré doce de framboesas e froitos vermellos
  • Torrada Melba, unha torrada seca crocante
  • Melba Garniture, polo, trufas e cogomelos recheados con tomates e salsa velouté.[41]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Steane, J. B. "Melba, Dame Nellie (1861–1931)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; online edition, xaneiro de 2011, consultado o 24 de maio de 2011. (require subscrición ou ser socio da biblioteca pública do Reino Unido)
  2. Klein, Herman. "Melba: An Appreciation", The Musical Times, abril de 1931, páx. 305–308 (require subscrición)
  3. 3,0 3,1 Davidson, Jim. "Melba, Dame Nellie (1861–1931)", Australian Dictionary of Biography, online edition, Australian National University, 2006, consultado o 6 de xuño de 2010
  4. 4,0 4,1 Sadauskas, Andrew. "Melba Bashed by Cowardly Husband", Arquivado 07 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Australian Stamps Professional, consultado o 23 de maio d e2011
  5. "Divorce of Madame Melba", The Morning Bulletin, 14 de abril de 1900, páx. 5
  6. Scott, 1977, páx. 28
  7. "Melodies and Memories", The Times Literary Supplement, 5 de novembro de 1925, páx. 738
  8. "Royal Italian Opera", The Musical Times, xullo de 1888, páx. 411 (require subscrición)
  9. "A Prima Donna – Madame Melba's Memories", The Times, 23 de outubro de 1925, páx. 8
  10. "France", The Times, 10 de maio de 1889, páx. 5
  11. The Times, 5 de novembro de 1891, p. 5; 6 de novembro de 1891, p. 9; 20 de febreiro de 1892, p. 5; 17 de febreiro de 1892, páx. 13; 12 de marzo de 1892, páx. 16; 14 de marzo de 1892, p. 3; e 24 de marzo de 1892, páx. 3
  12. "A week's musical topics", The New York Times, 4 de xuño de 1893
  13. "'Lucia' at the Opera", The New York Times, 5 de decembro de 1893
  14. Conrad, páx. 249
  15. "The Opera", The Times, 6 de xullo de 1892, p. 9
  16. "Royal Opera", The Times, 4 de xaneiro de 1908, páx. 7
  17. "Royal Opera", The Times, 26 de xullo de 1898, páx. 8
  18. "Royal Italian Opera," The Times, 10 de xuño de 1889, páx. 8
  19. "Royal Opera — Otello", The Times, 2 de xullo de 1908, páx. 13
  20. "The Opera", The Times, 20 de maio de 1893, páx. 8
  21. "Royal Opera", The Times, 9 de xullo de 1898, p. 10
  22. "Royal Italian Opera," The Times, 4 de xuño de 1890, páx. 8
  23. "Royal Opera", The Times, 4 de xuño de 1894, páx. 11
  24. "Royal Opera", The Times, 1 de xullo de 1895, páx. 8
  25. "Royal Italian Opera", The Times, 6 de xullo de 1891, páx. 8
  26. Shaw, páx. 95
  27. Otago Daily Times, 17 de febreiro de 1903, páx. 6
  28. Shawe-Taylor, Desmond. "Melba, Dame Nellie," Grove Music Online. Oxford Music Online, consultado o 25 de maio de 2011 (require subscrición)
  29. Jefferson, páx. 143
  30. Lucas, páx. 153
  31. Beecham, páx. 170–171
  32. Gasberg, F. W. (xaneiro de 1949). "Peter Dawson". The Gramophone (en inglés). p. 3. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  33. Supplement to The London Gazette, 5 de marzo de 1918
  34. "Grand Opera – Italian Male Chorus – Engagement Resented, Hint of Strike", The Argus, 5 de xaneiro de 1924, páx. 19
  35. "Church History". Scots' Church. 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2010. 
  36. Cover – Nellie Melba, Time 18 de abril de 1927
  37. "Things to do in London on a rainy day", Royal Opera House, consultado o 11 de decembro de 2012
  38. "The Australian $100 Banknote" Arquivado 10 de xuño de 2011 en Wayback Machine., The Reserve Bank of Australia, consultado o 27 de maio de 2011
  39. "A Complete Series of Polymer Banknotes: 1992-1996". Reserve Bank of Australia Museum. Reserve Bank of Australia. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  40. Avey, Tori. "Opera, Escoffier, and Peaches: The Story Behind the Peach Melba", 22 de agosto de 2012, consultado o 9 de abril de 2015
  41. Drummond-Hay, Lily. "Famous Foodies: Nellie Melba", The Observer, 13 de xullo de 2003

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beecham, Thomas (1959). A Mingled Chime. Londres: Hutchinson. OCLC 470511334. 
  • Blainey, Ann (2008). I am Melba. Melbourne: Black Inc. ISBN 978-1-86395-183-8. 
  • Conrad, Peter (1987). A Song of Love and Death – The Meaning of Opera. Londres: Chatto and Windus. ISBN 0-7011-3274-4. 
  • Gubler, Franz (2012). Great, Grand & Famous Opera Houses. Crows Nest: Arbon. ISBN 978-0-987-28202-6. 
  • Hetherington, John (1967). Melba, a Biography. Londres: Faber and Faber. OCLC 7389273. 
  • Jefferson, Alan (1979). Sir Thomas Beecham – A Centenary Tribute. Londres: Macdonald and Jane's. ISBN 035404205X. 
  • Lucas, John (2008). Thomas Beecham – An Obsession with Music. Woodbridge: Boydell Press. ISBN 978-1-84383-402-1. 
  • Melba, Nellie (1926). Melba Method. Londres e Sydney: Chappell. OCLC 5309485. 
  • Melba, Nellie (1925). Melodies and Memories. Londres: Butterworth. OCLC 556835777. 
  • Murphy, Agnes (1909). Melba: A Biography. Londres: Chatto & Windus. OCLC 563034777. 
  • Radic, Thérèse (1986). Melba: The Voice of Australia. Basingstoke: Macmillan. ISBN 0-333-41478-0. 
  • Shaw, Bernard (1981). Dan H. Laurence, ed. Shaw's Music – The Complete Musical Criticism of Bernard Shaw. 2 (1890–1893). Londres: The Bodley Head. ISBN 0-370-31271-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]