Neftalí Prieto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1927 Sever |
| Morte | 25 de agosto de 2010 Vigo |
| 1987 – 1999 – Sergio González Bruña → | |
| 10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
| 3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1963 – 1983 | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | avogado, político |
Neftalí Prieto Barrios, nado en Sever (Viana do Bolo) en 1927 e finado en Vigo o 25 de agosto de 2010,[1] foi un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito. En 1963 foi nomeado alcalde de Viana do Bolo polo gobernador civil de Ourense, cargo do que tomou posesión o 29 de setembro.[2] Foi nomeado procurador en Cortes en representación dos municipios da provincia de Ourense en 1964,[3] permaneceu no cargo até 1967.[4] Presentouse como candidato a procurador en Cortes polo terzo de cabezas de familia en 1967,[5] pero non foi elixido.[6]
Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía de Viana do Bolo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar os demais grupos ó candidato de Coalición Galega Fidel García Courel. Nas municipais de 1987 recuperou a alcaldía tras logra-la maioría absoluta á fronte de AP. Nas eleccións de 1991 e 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1999 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoia-los demais grupos o socialista Sergio González Bruña como alcalde. Foi deputado provincial e deputado no Congreso pola provincia de Ourense na II lexislatura (1982-1986).
En xaneiro de 1999 foi condenado polo Audiencia Provincial de Ourense a dous anos de inhabilitación para cargos públicos por un delito de negociacións prohibidas a funcionarios, se ben finalmente foi absolto polo Tribunal Supremo en xuño de 2001.[7] Abandonou a política activa en xaneiro de 2002 cando presentou a dimisión como concelleiro para facilitarlle ao seu grupo unha moción de censura que lle devolvese o goberno ao seu partido, se ben finalmente non se produciu.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Carmen García Prada en 1954.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fallece Neftalí Prieto, ex alcalde de Viana
- ↑ El Pueblo Gallego, 2-10-1963, p. 17.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-3-1964, p. 10.
- ↑ Ficha no Congreso dos Deputados
- ↑ La Noche, 26-9-1967, p. 8.
- ↑ La Noche, 11-10-1967, p. 5.
- ↑ El Supremo anula una condena al ex-alcalde de Viana pero le reprocha su falta de ética
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-7-1954, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Esta tarde será enterrado en Viana do Bolo Neftalí Prieto, el que fue el alcalde más de 36 años" La Voz de Galicia, 26/8/2010.
| Predecesor: Manuel Pérez Puga |
Alcalde de Viana do Bolo 1963 - 1983 |
Sucesor: Fidel García Courel |
| Predecesor: Fidel García Courel |
Alcalde de Viana do Bolo 1987 - 1999 |
Sucesor: Sergio González Bruña |
- Alcaldes de Viana do Bolo
- Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Procuradores en Cortes galegos
- Deputados provinciais de Ourense
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense
- Nados en Viana do Bolo
- Nados en 1927
- Finados en 2010