Nefrita
| Nefrita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Clase | Inosilicatos |
| Sistema cristalino | Monoclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Verde, verde agrisado, negro verdoso ou negro |
| Brillo | De vítreo a sedoso |
| Dureza | 5-6 |
| Raia | Branca |
| Densidade | 3,1 g/cm³ |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A nefrita é un mineral do grupo VIII (silicatos) de acordo coa clasificación de Strunz. É unha variedade dura e de gran fino da actinolita,[1] e é o máis común e menos valioso dos dous tipos de xade que existen, sendo o outro a xadeíta.
Trala chegada da nefrita de América a Europa, asociáronselle á nefrita propiedades curativas para os cólicos e as dores de costas ou de riles, polo que recibiu o nome de lapis nephriticus que significa "pedra do ril".
Pounamu é o nome maorí da nefrita verde que se dá na costa occidental de Nova Zelandia e coa que se adoitan confeccionar hei tikis e armas tradicionais maorís como os meres.
Características
[editar | editar a fonte]É un silicato cálcico de magnesio ou de ferro propio de rochas metamórficas. Adoita aparecer como agregados compactos de fibras entrelazadas que poden ser translúcidos ou opacos e, normalmente, de cor verde e puntos de tons máis escuros. Distínguese da xadeíta polo seu brillo aceitoso e porque se fai estelas ao fracturar.
Depósitos
[editar | editar a fonte]Encóntrase con certa abundancia no Canadá, a China, Nova Zelandia, os Estados Unidos, Taiwán e Asia Central.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mindat.org - Nefrita (en inglés)