Saltar ao contido

Necrose de licuefacción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Necrose licuefactiva
Absceso pulmonar con evidencia de necrose licuefactiva
Subclase denecrose Editar o valor en Wikidata
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ]

A necrose de liquefacción, licuefacción ou licuación,[1] tamén coñecida como colicuación ou necrose colicuativa en oposición á necrose de coagulación, presenta unha área necrótica cunha consistencia suave; a maioría das veces o tecido morto está realmente licuado.

A zona morta adquire unha consistencia suave, semifluída ou mesmo licuada, é frecuente despois de casos de anoxia no tecido nervioso, glándula suprarrenal ou mucosa gástrica. O proceso de licuefacción desenvólvese despois da liberación en cascada dunha gran cantidade de enzimas lisosomais. Este tipo de necrose tisular tamén ocorre en inflamacións purulentas, producidas por enzimas liberadas polos leucócitos exudados.

  1. "Licuación". academia.gal. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Montenegro, Mario R.; Franco, Marcelo (2004). Patologia, processos gerais (4ª ed.). Atheneu. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.