Saltar ao contido

Nazario Sauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNazario Sauro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1880 Editar o valor en Wikidata
Koper, Eslovenia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1916 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Pula, Croacia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNaval Cemetery, Pula (en) Traducir
votive temple of Santa Maria Immacolata (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial da armada Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios

Nazario Sauro, nado en Capodistria (actual Eslovenia) o 20 de setembro de 1880 e finado en Pola (actual Croacia) o 10 de agosto de 1916, foi un mariñeiro, militar e irredentista italiano.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Nado en Capodistria, que estaba no Litoral austríaco (actual Koper, Eslovenia), comezou a navegar moi novo, chegando a ser capitán dun barco de carga aos 20 anos.

Os seus ideais irredentistas (foi un dos principais representantes do irredentismo italiano en Istria) levárono a capturar un barco austríaco en 1914 e levalo a Venecia, onde se uniu a moitos prófugos italianos de Istria, solicitando a entrada en guerra de Italia contra Austria.

En 1915, cando Italia entrou en guerra, enrolouse voluntario na Regia Marina (a Armada Real italiana), sendo asignado a unha unidade de torpedeiras. Cumpriu 60 misións de guerra en 14 meses.

En xuño de 1916 foi promovido a subtenente no submarino Giacinto Pullino, recibindo tamén unha medalla de prata ao valor militar. En agosto dese ano o submarino foi enviado a torpedear na área de Fiume (actual Rijeka), pero quedou escorado e toda a tripulación foi capturada polo destrutor austríaco Satellit. Sauro foi recoñecido e sentenciado a morte por un tribunal militar en Pola. Foi aforcado mentres berraba: "Viva l'Italia". Tras a súa morte o rei Vítor Manuel III dedicoulle a medalla de ouro ao valor militar.

Nazario Sauro está recoñecido en Italia coma heroe nacional e dous barcos da Mariña militar italiana levaron o seu nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]