Indian Regional Navigation Satellite System

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «NavIC»)
Representación dun satélite IRNSS.

Indian Regional Navigation Satellite System ou IRNSS é o nome dunha serie de satélites de navegación indios.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites IRNSS son satélites gobernamentais adicados a mellorar a precisión dos sistemas de posicionamento GPS e Galileo na rexión da India. IRNSS está composto por unha serie de satélites de 1425 kg de masa construídos pola ISRO co bus I-1K. Varios dos satélites están en órbita xeoestacionaria, mentres que o resto está nunha órbita xeosíncrona cunha inclinación orbital de 29º. Con esta configuración os satélites son visibles desde a India en todo momento e os seus sinais poden recibirse en todo o territorio. Cada satélite leva a bordo un emisor de sinais en banda S e banda L5 e un transmisor de localización cun retrorreflector láser para coñecer a situación exacta do satélite. O sistema recibe tamén o nome de NavIC (Navigation with Indian Constellation). Tódolos satélites IRNSS foron lanzados mediante foguetes PSLV-XL.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
IRNSS 1A 1 de xullo de 2013 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1B 4 de abril de 2014 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1C 15 de outubro de 2014 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1D 28 de marzo de 2015 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1E 20 de xaneiro de 2016 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1F 10 de marzo de 2016 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1G 28 de abril de 2016 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1H 31 de agosto de 2017 PSLV-XL Fallo
IRNSS 1I 11 de abril de 2018 PSLV-XL Éxito
IRNSS 1J 29 de maio de 2023 PSLV-XL Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "IRNSS" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRNSS 1A, ..., 1K" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "IRNSS 1J, 1K ? (NVS 01, 02)" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]