Peixe piloto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Naucrates ductor»)
Peixe piloto
Clasificación científica
Nome binomial
'Naucrates ductor'

O peixe piloto (Naucrates ductor) é un peixe cosmopolita e peláxico, perciforme, da familia Carangidae. Acostuma pasar dos 30 centíometros de longo, e pode chegar até os 70 cm, cun corpo alongado con oito bandas verticais negras, cabeza puntiaguda e boca pequena. Ten este nome porque a especie ten o costume de seguir tiburóns, outros peixes grandes, barcos e mesmo obxectos flotantes. Vive en augas cálidas e profundas de todo o mundo. Ao acompañar tiburóns e outros carnívoros, aproveitan os seus restos, mesmo sobre a pel deses peixes grandes, entablando unha relación simbiótica, sendo observado comer restos de dentro da boca de quenllas.

A autoridade científica sobre a especie é Linnaeus, foi descrita no ano 1758.

Costa atlántica da Península Ibérica[editar | editar a fonte]

Encóntrase presente en practicamente todo o océano Atlántico, incluída a costa de Galiza[1] e Portugal, onde é unha especie nativa.

Os seus nomes comúns son peixe piloto, piollo, piloto ou romeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hoxe pescamos o peixe piloto (en castelán)". Artes de pesca. Consultado o 14-1-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Naucrates ductor - Froese, R. e D. Pauly. editores. 2014. FishBase. Publicación electrónica World Wide Web. www.fishbase.org, (11/2014)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]