Bodegón con vasillas (Zurbarán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Natureza morta con xerra e tazas»)

Bodegón con vasillas
ArtistaFrancisco de Zurbarán
Data1650
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
Dimensións46 cm × 84 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Bodegón con vasillas é un óleo sobre lenzo do pintor barroco español Francisco de Zurbarán. Mide 46 centímetros de alto por 84 cm de ancho. Está datada cara ao ano 1650 e atópase no Museo do Prado de Madrid (España).

Trátase dun sinxela pero exemplar composición con catro obxectos da vaixela tradicional e a luz como únicos protagonistas. Tres vasillas moi oleiras e outro tres pezas de metal —unha copa traballada e dúas bandexas.[1] O pintor, seducido pola "pura técnica pictórica, as texturas e o goce estético",[2] colocounos sobre unha repisa, ben aliñados e enmarcados por un fondo neutro. Considérase obra exemplar entre os poucos bodegóns conservados do pintor estremeño, apreciándose a conxunción maxistral do cru realismo e a tenrura polas pequenas cousas cotiás, que dan como resultado un misticismo rústico e de fermosa solidez. Outra versión do cadro, case idéntica e catalogada tamén como autógrafa, consérvase no MNAC de Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alfonso Pleguezuelo: "Cerámicas para agua en el Barroco español" Consultado en xaneiro de 2015
  2. "Bodegón con cacharros". Galería online. Museo Nacional del Prado. Consultado o xaneiro de 2015.