Natividad Mejuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNatividad Mejuto
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 1990 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata

Natividad Mejuto Larrauri, nada en Santiago de Compostela en setembro de 1910 e finada na mesma cidade en xullo de 1990,[1] foi unha química galega e unha das primeiras docentes de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natividad Mejuto estudou o bacharelato no Instituto de Santiago xunto con Elisa Díaz, quen sería unha das súas grandes amigas na facultade. Realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias (Sección Química),e conseguiu unha bolsa na facultade de Ciencias.[3]

En 1931 foi presentada como socia á Sociedad Española de Física y Química (SEFQ).[3] Publicou na revista Anales de Química varios artigos, todos eles en colaboración con Fernando Calvet.[3]Traballou no Laboratorio de Química Orgánica da Facultade de Ciencias de Santiago xuntamente con Concepción Carnero.

Foi axudante de clases prácticas das materias Química Orgánica e Química Teórica durante 1933 e 1934 na Facultade de Ciencias.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 29-7-1990, p. 34.
  2. 2,0 2,1 Liste e Pintos
  3. 3,0 3,1 3,2 Pintos (2016)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]