Natividad Llanquileo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNatividad Llanquileo

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Natividad del Carmen Llanquileo Pilquiman Editar o valor em Wikidata
14 de xullo de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Tirúa, Chile (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Q113027765 Traducir Convención Constitucional
6 de xaneiro de 2022 – 4 de xullo de 2022
Membro da Convención Constitucional chilena
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo mapuche Editar o valor em Wikidata
EducaciónBolivarian University of Chile (en) Traducir - dereito
Universidade de La Frontera (pt) Traducir - interculturalismo (pt) Traducir, Dereitos humanos, política pública Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos , avogada , líder amerindia , política Editar o valor em Wikidata

Páxina webnatividad.cl Editar o valor em Wikidata
Facebook: Natividad-Llanquileo-Constituyente/100063546648342/ Twitter: NatividadLlanq3 Instagram: natividadllanquileo Editar o valor em Wikidata

Natividade Llanquileo Pilquimán, nada en Esteban Yevilao, Tirúa, o 14 de xullo de 1984, é unha avogada e política mapuche chilena, defensora dos dereitos humanos nese país.[1] Forma parte do equipo de avogados do Centro de Investigación e Defensa SUR (CIDSUR), da Araucanía. Dende xullo de 2021 é membro da Convención Constitucional de Chile en representación do pobo mapuche (Macrozona 2: Ñuble, Biobío e Araucanía).

En 2010, ocupou o rol de voceira durante a folga de fame dos comuneiros mapuches en 2010.[2] A folga de fame dos 35 comuneiros detidos buscaba principalmente a non aplicación e derrogación da Lei Antiterrorista. Dentro dos 35 comuneiros atopábanse dous dos seus irmáns.[1][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 14 de xullo de 1984 na comunidade Esteban Yevilao de Puerto Choque, na comuna de Tirúa, rexión do Biobío en Chile.[1] Abandonou o campo e a súa comunidade para estudar a carreira de dereito en Santiago graduándose como avogada na Universidade Bolivariana de Chile. Posteriormente cursou un diplomado en dereitos humanos, políticas públicas e interculturalidade na Universidade de La Frontera.[3] Profesionalmente, exerceu como avogada defensora de distintos detidos mapuches e noutros casos emblemáticos.

Convención Constitucional[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2021, reuniu as sinaturas requiridas para presentarse como candidata pola rexión do Biobío ás eleccións convencionais constituíntes de Chile de 2021 como representante do pobo mapuche nos dezasete escanos reservados para pobos orixinarios, dos cales sete son para os mapuches.[4][3][5]

Na elección de constituíntes realizada en Chile o 15 e o 16 de maio de 2021, Llanquilleo obtivo o 5,94% dos sufraxios, dentro dos votos do pobo mapuche, converténdose na segunda candidata con máis votos entre os pobos orixinarios, detrás de Francisca Linconao co 7,15% dos votos, sendo elixida como unha das 7 representantes mapuches na Convención Constitucional.[6]

O 6 de xaneiro de 2022, asumiu como vicepresidenta adxunta da Convención, xunto a Bárbara Sepúlveda, Lidia González, Tomás Laibe e Amaya Alvez.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Natividad Llanquileo, la vocera de la huelga de hambre de 2010 que ve espacio para avanzar la agenda indígena en la Convención". Interferencia.cl. 12 de abril de 2021. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  2. "Proponen a abogada mapuche Natividad Llanquileo para la constituyente en Chile". www.litoralpress.cl. 11 de novembro de 2020. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Cádiz, Rocío Montes, Pablo (15 de maio de 2021). "Académicos, feministas, exministros, indígenas: los perfiles que pueden definir el futuro político de Chile". EL PAÍS. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  4. Cooperativa.cl (2021-1-17). "Natividad Llanquileo logró las firmas para ser candidata constituyente". Cooperativa.cl (en castelán). Consultado o 2021-05-17. 
  5. Concepción, Diario. "La batalla local por los escaños reservados en la constituyente". Diario Concepción (en castelán). Consultado o 2021-05-17. 
  6. Chile, C. N. N. "Francisca Linconao obtiene la más alta votación para los escaños reservados del pueblo mapuche". CNN Chile (en castelán). Consultado o 2021-05-17. 
  7. Román, Cecilia (2022-01-06). "Asumen cinco de los nuevos vicepresidentes de la mesa directiva la Convención: Faltan dos cupos por definir". Emol. Consultado o 2022-01-06.