Saltar ao contido

Nativel Preciado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNativel Preciado

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritora, biógrafa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1515971 BNE: XX1110917 Editar o valor en Wikidata

Natividad Isabel González Preciado, nada en Madrid en 1948, é unha xornalista e escritora española.[1] [2] [3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como xornalista no diario falanxista Arriba, onde permaneceu até 1966 e de onde pasou ao desaparecido diario Madrid, no que permaneceu até 1971.[4]

Especializada en información política, foi testemuña e transmisora dos importantes acontecementos acaecidos durante a época da Transición desde Diario ABC e a revista Interviú. En 1982 incorporouse á redacción da daquelas creada revista Tiempo.

A súa actividade como columnista de opinión en prensa escrita compaxinouna coa participación en faladoiros e debates tanto en radio como en televisión. Na radio, tras colaborar con Luis del Olmo en Protagonistas en Onda Cero, incorporouse á Cadea SER en 1996 e desde entón é unha das participantes habituais nos programas Hoy por Hoy e Hora 25 até mediados de 2011.[5]

En televisión interveu nos espazos Hermida y Cía (1994-1996), La hora H (1996-1997), El primer café (1999-2003), con Isabel San Sebastián e La respuesta (2003-2004), Ruedo Ibérico (2004-2005) todos eles en Antena 3, así como 59 segundos (2004-2012) en TVE.

Desde finais dos anos sesenta cultivou o xénero da biografía e escribiu entre outras as dos boxeadores Cassius Clay e José Legrá. En 2012 presentou un novo libro sobre o seu contacto e experiencia coas novas tecnoloxías, e máis concretamente con Twitter. Ademais reflexiona sobre o paso do tempo. Titúlase Si yo tuviera 100.000 seguidores.

Actualmente, colabora como analista en Los desayunos de TVE (2008-actualidade), El debate de la 1, Al rojo vivo (2011-actualidade) en e La Sexta Noche (2013-actualidade) na Sexta. Forma parte do equipo de colaboradores da revista de actualidade Tiempo de Hoy.

  • 1986, Premio Francisco Cerecedo.
  • 1989, Premio Víctor de la Serna.
  • 1999, Finalista do Premio Planeta, pola súa primeira novela El egoísta.
  • 2000, Premio Pluma de Prata do Club da Escritura.
  • 2007, Premio Primavera de Novela, por Camino de hierro.
  • 2014, Premio Fernando Lara de Novela, por "Canta sólo para mí".
  • 2018, Premio de Honra da Asociación da Prensa de Madrid aos méritos de toda unha vida profesional.
  • 2019, Premio Internacional de Xornalismo Manuel Alcántara da Universidade de Málaga.
  • 2021, Premio Azorín de Novela pola obra titulada El santuario de los elefantes[6].
  1. ↑ "ABC MADRID 31-10-1995 página 60 - Archivo ABC". abc. 2019-08-28. Consultado o 2025-01-22.
  2. ↑ Molina, Margot (2014-05-16). "Nativel Preciado, nuevo Premio de Novela Fernando Lara". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-01-22.
  3. ↑ Mantilla, Jesús Ruiz (2003-06-10). "Nativel Preciado busca maneras de salvación en 'Bodas de plata'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-01-22.
  4. ↑ RTVE (2009-12-24). "Nativel Preciado, periodista y escritora". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2025-01-22.
  5. ↑ "Ángels Barceló contesta a Carnicero tras su despido de "Hora 25" ESD". web.archive.org. 2011-07-22. Archived from the original on 22 de xullo de 2011. Consultado o 2025-01-22.
  6. ↑ Cultural, El (2021-05-14). "Nativel Preciado gana el Premio Azorín 2021 | El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-05-15.