Natalia Kuchinskaia
![]() (1967) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1949 ![]() San Petersburgo, Rusia ![]() |
Educación | Liceo Físico e Matemático 239 ![]() |
Altura | 158 cm ![]() |
Peso | 48 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ximnasta artística ![]() |
Deporte | ximnasia artística ![]() |
Participou en | |
1968 | gymnastics at the 1968 Summer Olympics – women's artistic individual all-around (en) ![]() |
1968 | gymnastics at the 1968 Summer Olympics – women's balance beam (en) ![]() |
1968 | gymnastics at the 1968 Summer Olympics – women's floor (en) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Natalia Alexandrovna Kuchinskaia (ruso: Наталья Александровна Кучинская), tamén coñecida como Natasha Kuchinskaia (ruso: Наташа Кучинская), nada en Leningrado o 8 de marzo de 1949, é unha ximnasta rusa retirada. Gañou catro medallas nas Olimpíadas de 1968 na Cidade de México.
Traxectoria na ximnasia
[editar | editar a fonte]Kuchinskaia naceu o 8 de marzo de 1949 en Leningrado e foi seleccionada para unha clase de ximnasia cando aínda estaba en preescolar.[1] Inicialmente aspiraba a ser bailarina de ballet, mais os pais, ambos implicados no mundo do deporte, convencérona para estudar ximnasia.[1] Adestrou con Vladimir Reyson e mais con Larissa Latynina, quen anos despois se converteu en adestradora do equipo nacional.[1]
En 1965, con 16 anos, Kuchinskaia era campioa da URSS. No Mundial de 1966, despois de gañar o seu segundo título nacional e a Copa da URSS, consolidouse como unha das estrelas do equipo soviético. Gañou a medalla de ouro en tres dos catro aparatos (barra de equilibrio, barras asimétricas e solo), a de bronce en poldro e a de prata por equipo e no concurso xeral. Kuchinskaia continuou a sumar vitorias en 1967. Gañou a previa das Olimpíadas en Cidade de México e arrasou no campionato da URSS, no que logrou o ouro en todos os aparatos e no concurso xeral.[2]
Nas Olimpíadas de 1968, Kuchinskaia era probabelmente a máis popular do equipo soviético. Rematou en terceiro lugar no concurso xeral, detrás de Věra Čáslavská e da súa compañeira de equipo Zinaida Voronina. Tamén logrou a medalla de ouro na barra de equilibrio e a de equipo, así como a de bronce en solo. Foi bautizada como «A Noiva de México» e «O encanto de México» por unha prensa que a admiraba. Ademais, cantáronlle unha serenata cunha canción folk, «Natalie», durante a súa estadía en Cidade de México.[3]
As olimpíadas foron a última competición de Kuchinskaia. No momento, a súa retirada repentina foi atribuída a unha doenza da tiroide. Nunha entrevista a finais da década de 1990 revelou que tamén perdera a motivación polo deporte.[1]
Despois da ximnasia
[editar | editar a fonte]Tras retirarse, Kuchinskaia foi adestradora na URSS, o Xapón e os Estados Unidos. Casou en 1980 co óptico Alexander Kotliar e dende entón vive e adestra nos EUA, onde ten o seu propio club de ximnasia en Illinois. En 1999 apareceu no episodio «Soviet Sport War» do documental de PBS The Red Files. Nel fala das súas experiencias negativas na ximnasia soviética.[1] En 2006 foi incluída no Salón da Fama da Ximnasia Artística.[4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Evento | CX | Equipo | P | BA | BE | S |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1965 | Campionato da URSS | 1º | 1º | ||||
Copa da URSS | 2º | ||||||
1966 | Campionato mundial | 2º | 2º | 3º | 1º | 1º | 1º |
Campionato da URSS | 1º | 2º | 1º | 1º | |||
Copa da URSS | 1º | ||||||
1967 | Campionato europeo | 2º | 2º | ||||
Campionato da URSS | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | ||
1968 | Campionato da URSS | 1º |
Galería
[editar | editar a fonte]![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "RED FILES: Soviet Sports Wars - Natasha Kuchinskaya Interview". Public Broadcasting Service (PBS) (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2025.
- ↑ "Natalia Kuchinskaya Biography". Gymn Forum (en inglés).
- ↑ "Sport in the USSR - Kuchinskaya and Shushunova". Gymn Forum (en inglés).
- ↑ "Natalia Kuchinskaya". International Gymnastics Hall of Fame (en inglés).