Natalia González Beneitez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de agosto de 1982 Viana do Bolo |
| Concelleira | |
| Asesora política | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | política, mestra |
| Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Natalia González Beneitez, nada en Viana do Bolo o 9 de agosto de 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomada en Maxisterio de Inglés pola Universidade de Vigo. Foi secretaria da alcaldía de Ourense de 2007 a 2015, así como asesora do grupo municipal socialista de 2015 a 2019. Nas eleccións municipais de 2019 foi a número 2 da lista do PSdeG-PSOE en Ourense e foi elixida concelleira. Pese a que os socialistas gañaron as eleccións, con 9 concelleiros de 27, quedaron na oposición debido ó pacto entre Democracia Ourensana e o PPdeG que fixo alcalde a Gonzalo Pérez Jácome, e pasou a ocupa-la a viceportavocía do grupo municipal.
Foi designada membro do Comité Federal do PSOE durante o 14 Congreso Nacional do PSdeG en decembro de 2021. En marzo de 2022 resultou elixida como nova Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da cidade de Ourense[1], a cal levaba máis de 2 anos nunha situación de interinidade cunha xestora. Postulouse inicialmente como candidata ás primarias para encabeza-la candidatura socialista en 2023, xunto co anterior candidato e secretario provincial Rafael Rodríguez Villarino, pero a Executiva galega suspendeu as primarias e nomeou o exalcalde Francisco Rodríguez Fernández como candidato. Ante isto, Villarino renunciou como portavoz no concello, pasando González a asumi-la portavocía. En febreiro de 2023 anunciouse que sería a número 2 da lista encabezada por Rodríguez, sendo a máis votada na asemblea de ratificación da candidatura[2]. Tralas eleccións, nas cales o partido continuou na oposición, seguiu como portavoz do Grupo Municipal Socialista.
En marzo de 2025 pasou a formar parte da Executiva Nacional do PSdeG á fronte da área de Política Social e Maiores. En xuño dese ano revalidou a Secretaría Xeral do PSdeG na cidade de Ourense. En marzo de 2026 pasou a ocupar a Secretaría de Igualdade da Executiva Nacional do PSdeG[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Press, Europa (2022-03-13). "Natalia González Beneitez, nueva secretaria xeral de la Agrupación Municipal del PSdeG de Ourense". www.europapress.es. Consultado o 2026-03-09.
- ↑ Iglesias, Brais (2023-02-23). "El PSOE avanza en la lista de Ourense para las elecciones municipales". La Región (en castelán). Consultado o 2026-03-09.
- ↑ Redacción (2026-03-02). "El PSdeG nombra a Natalia González nueva secretaria de Igualdade del partido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2026-03-09.