Nataša Pirc Musar
(2026) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (sl) Nataša Pirc 9 de maio de 1968 Liubliana |
| 5ª Presidente de Eslovenia | |
| 22 de decembro de 2022 – ← Borut Pahor | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Liubliana Universidade de Viena University of Salford |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, Técnico de relações públicas (pt) |
| Partido político | político independente |
| Familia | |
| Cónxuxe | Aleš Musar |
| Sitio web | pirc-musar.si |
Nataša Pirc Musar, nada en Liubliana, Eslovenia, o 9 de maio de 1968, é unha avogada, escritora e política eslovena, presidenta do seu país dende o 2022. Anteriormente foi comisionada de información (2004-2014), xornalista e presidenta da Cruz Vermella Eslovena (2015-2016).
Pirc Musar é especialmente coñecida polas súas sentenzas e libros sobre a liberdade de información, as súas opinións legais e os casos relevantes nos que traballou. Por exemplo, representou á primeira dama estadounidense Melania Trump, ó partido socialdemócrata esloveno e outros clientes destacados.
Pirc Musar é especialmente coñecida polas súas sentenzas e libros sobre a liberdade de información, as súas opinións legais e os casos relevantes nos que traballou. Por exemplo, representou á primeira dama estadounidense Melania Trump, ó partido socialdemócrata esloveno e outros clientes destacados.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Pirc Musar estudou Dereito na Universidade de Ljubljana en 1992, baixo a supervisión de Marko Ilešič, futuro xuíz do Tribunal Europeo de Xustiza.[2] En 1997, aprobou os exames oficiais. Posteriormente, traballou durante seis anos como xornalista e presentadora de telexornal na Radiotelevizija Slovenija.[2] Tamén foi presentadora do programa de noticias 24UR na canle privada POP TV.[2] En 2001, converteuse en xefa do departamento de comunicación corporativa do Aktiva Group, onde traballaba o seu esposo Aleš Musar.[3]
Así mesmo, recibiu formación na CNN en Atlanta, Xeorxia.[4] Logo, continuou os seus estudos durante dous semestres na Universidade de Salford, en Inglaterra, realizando prácticas na BBC, Granada TV, Sky News, Reuters TV e Border TV.[4] En 2015, doutorouse pola Universidade de Viena cunha tese sobre o equilibrio entre o dereito á privacidade e a liberdade de información.[5][6]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En abril de 2003, Pirc Musar ingresou no Tribunal Supremo de Eslovenia como directora do seu Centro de Educación e Información.[6] Entre 2004 e 2014, foi Comisionada para o Acceso á Información Pública.[4][7] Ademais, dende marzo de 2011, exerceu como vicepresidenta do Corpo de Supervisión Conxunta da Europol, e como a súa presidenta de 2012 até 2014.[8]
Tras rematar o seu mandado, fundou o seu propio bufete de avogados.[9] En 2016, Rosana Lemut Strie asociouse con ela, polo que o despacho pasou a chamarse Pirc Musar & Lemut Strie.[9] Representou a Melania Trump durante a primeira presidencia do seu esposo, entre outros clientes.[10][11] Nos seus casos máis coñecidos representou ó partido Socialdemócratas e ó embaixador esloveno nos Estados Unidos, Stanislav Vidovič.[12][13]
Entre 2010 e 2021, Pirc Musar foi escollida varias veces entre os dez avogados máis influentes do seu país.[14][15] Cofundou a asociación OnaVe, que busca conectar mulleres do ámbito profesional para promover o seu coñecemento.[16][17] Así mesmo, presidiu a Cruz Vermella Eslovena de 2015 a 2016.[18]
Como escritora, Pirc Musar é coautora de seis libros sobre a liberade de información e a privacidade en esloveno, inglés e croata.[19][20][21][22][23]
Carreira política
[editar | editar a fonte]O 23 de xuño de 2022 Pirc Musar anunciou a súa candidatura independente á presidencia de Eslovenia co gallo das eleccións presidenciais de 2022, programadas para o 23 de outubro dese mesmo ano.[24] Foi a primeira en anunciar a súa candidatura, e recibiu o apoio dos antigos presidentes Milan Kučan e Danilo Türk.[25]
O seu anuncio produciu especulacións sobre a súa relación con Marta Kos, vicepresidenta do partido gobernante, o Gibanje Svoboda, quen presentou a súa propia candidatura pouco despois.[26][27] Pirc Musar e Kos afirmaban ser amigas, mais segundo os medios de comunicación deixaron de comunicarse entre elas.[28] En setembro de 2022, Kos retirouse da campaña, co conseguinte aumento da tendencia de voto para Pirc Musar, que xa lideraba as enquisas.[29] En outubro, quedou segunda durante a primeira rolda de votacións, ficando candidata para a segunda fase das eleccións, en novembro.[30] O 13 de novembro Pirc Musar gañou fronte ó candidato do Partido Demócrata Esloveno, Anže Logar, converténdose así na primeira muller en presidir Eslovenia.[31]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lesen Sie zeit.de mit Werbung oder im PUR-Abo. Sie haben die Wahl.". Zeit Online (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2022. Consultado o 2026-01-04.
- 1 2 3 "Življenjepis". Nataša Pirc Musar - Kandidatka za predsednico (en esloveno). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2022. Consultado o 2026-01-04.
- ↑ "Kdo je srčni izbranec Nataše Pirc Musar?". Metropolitan.si (en esloveno). 2022-06-23. Consultado o 2026-01-04.
- 1 2 3 Ivanovic, Boris (2017-09-28). "EXCLUSIVE, NATASA PIRC MUSAR: How I became Melania Trump's attorney, and we never met!". Telegraf.rs (en serbio). Consultado o 2026-01-04.
- ↑ "dr. NATAŠA PIRC MUSAR - Privacy Days". Privacy Days (en esloveno). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2022. Consultado o 2026-01-04.
- 1 2 "Nataša Pirc Musar". Eipa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2022. Consultado o 2026-01-04.
- ↑ "Zgodovina Informacijskega pooblaščenca - IPRS". www.ip-rs.si. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2024. Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Nataša Pirc Musar". Advisory Excellence (en inglés). Consultado o 2026-01-05.
- 1 2 "Pravni blog odvetniške pisarne Pirc Musar & partnerji". pirc-musar.si (en inglés). 2024-11-04. Consultado o 2026-01-05.
- ↑ Zerdin, Ali. "No more ‘Melania Trump’ underwear, honey for Slovenians". The Detroit News (en inglés). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Melania’s Lawyer Says You Better Not Say She Was an ‘Escort’". The Daily Beast (en inglés). 2017-08-09. Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Janez Janša javno objavil pismo, ki ga je dobil od Nataše Pirc Musar (FOTO)". slovenskenovice.delo.si (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ Požar, Bojan. "Stanislav Vidovič, diplomat, politik SMC in-bivši tajni agent prek Nataše Pirc Musar tožil Bojana Požarja in izgubil". pozareport.si. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2024. Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Matoz je najvplivnejši pravnik". www.24ur.com (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "ZNANIH JE 10 NAJVPLIVNEJŠIH PRAVNIKOV 2021". IUS-INFO (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Kdo smo". ONA VE (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ Janša, Petra (2022-07-20). "Med Marto Kos in Natašo Pirc Musar se že iskri; ali je to v resnici samo predstava za javnosti, preberite v jutrišnji reviji Demokracija". Demokracija (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Nataša Pirc Musar na čelu Rdečega križa". old.delo.si (en esloveno). 2015-06-29. Consultado o 2026-01-05.
- ↑ IZUM – Institut informacijskih znanosti, Maribor. "Kako in kdaj uporabljati test javnega interesa? : novela Zakona o dostopu do informacij javnega značaja :: COBISS Plus". plus.cobiss.net (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ IZUM – Institut informacijskih znanosti, Maribor. "Zaštita podataka i nadležnosti institucija Evropske unije : priručnik; Data protection and competencies of European Union institutions :: COBISS Plus". plus.cobiss.net (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ IZUM – Institut informacijskih znanosti, Maribor. "Tudi danes imate pravico vedeti :: COBISS Plus". plus.cobiss.net (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ IZUM – Institut informacijskih znanosti, Maribor. "Samo ti odločaš : komu lahko zaupam osebne podatke in kdaj? :: COBISS Plus". plus.cobiss.net (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ IZUM – Institut informacijskih znanosti, Maribor. "Zasebnost in varovanje osebnih podatkov v organizaciji :: COBISS Plus". plus.cobiss.net (en esloveno). Consultado o 2026-01-05.
- ↑ "Nataša Pirc Musar bo v Ruski dači sporočila, ali bo kandidirala za predsednico države". siol.net (en esloveno). Consultado o 2026-01-07.
- ↑ Slovenija, R. T. V. "Radio Si". Radio Si (en inglés). Consultado o 2026-01-07.
- ↑ "Poleg prostozidarskega in gejevskega skozi Goloba prodira tudi ženski lobi: a Urška, Marta, Nataša, Tanja že sprte". pozareport.si (en inglés). Consultado o 2026-01-07.
- ↑ "Zakaj Kučan podpira Natašo proti Marti? Ker že nekaj tednov po Ljubljani govori, da Golob ne sme dobiti vsega.". pozareport.si (en inglés). Consultado o 2026-01-07.
- ↑ Janša, Petra (2022-07-20). "Med Marto Kos in Natašo Pirc Musar se že iskri; ali je to v resnici samo predstava za javnosti, preberite v jutrišnji reviji Demokracija". Demokracija (en esloveno). Consultado o 2026-01-07.
- ↑ "STA: Pirc Musar's bid gets boost after Kos quits, poll shows". english.sta.si. Consultado o 2026-01-07.
- ↑ Maksuti, Alem (2022-11-02). "Slovenians Won’t Vote for Jansa’s Puppet as President". Balkan Insight (en inglés). Consultado o 2026-01-07.
- ↑ "Slovenia elects Natasa Pirc Musar to become first female president" (en inglés). 2022-11-13. Consultado o 2026-01-07.