Narciso Pascual Pascual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNarciso Pascual Pascual
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1917 Editar o valor em Wikidata
Sarreaus, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Guadalaxara, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregación da Misión Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de novembro Editar o valor em Wikidata

Narciso Pascual Pascual, nado o 11 de agosto de 1917 en Sarreaus (Tioira, Maceda) e finado en Guadalaxara o 6 de decembro de 1936, foi un relixioso católico latino galego, mártir na guerra civil, beatificado polo papa Francisco o 13 de outubro de 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos entrou na escola apostólica do santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo, onde cursou dous cursos de humanidades. Porén, a falta de éxito nos estudos levouno a decidir ingresar como irmán na Congregación da Misión; anos despois o seu irmán Pedro seguiría os seus pasos como relixioso.

Completou os seus estudos no colexio central de Guadalaxara, e rematado o postulantado foi enviado ao seminario interno da orde en Madrid, ingresando no mesmo o 26 de novembro de 1933. En 1935 foi enviado a Cuenca para completar os estudos de teoloxía. O 27 de novembro de 1935 emitiu os voto, na festa da Virxe da Medalla Milagrosa. En 1936, antes do estoupido da guerra e logo de varias ameazas, o superior do seminario ordenou aos seminaristas que marcharan, mais o irmán Pascual permaneceu en Cuenca, refuxiándose en casa dunha familia amiga. Alí andou oculto até que, ao pouco, se trasladou a Madrid para maior seguridade.

Logo de recuperarse na capital, foi enviado a Guadalaxara, onde foi feito prisioneiro cos seus compañeiros e foi fusilado o 6 de decembro de 1936, aos 19 anos.

Culto[editar | editar a fonte]

Está aberta a súa causa de canonización pola vía do martirio como parte do grupo de Fortunato Velasco Tobar e 13 compañeiros da Congregación da Misión. Xunto a Narciso Pascual, a causa inclúe a Tomás Pallarés Ibáñez, Salustiano González Crespo, Luis Aguirre Bilbao, Leoncio Pérez Nebreda, Andrés Avelino Gutiérrez Moral, Antoni Carmaniú Mercader, Fortunato Velasco Tobar, Pelayo José Granado Prieto, Amado García Sánchez, Gregorio Cermeño Barceló, Ireneo Rodríguez González, Vicente Vilumbrales Fuente e Ricardo Atanes Castro.[1]

Os foros competentes da causa (as dioceses onde foron martirizados) son as dioceses de Teruel e Albarracín, Urgell, Sigüenza-Guadalaxara, e a aquidiocese de Oviedo.[1]

A causa de canonización de Narciso Pascual comezou coa apertura do proceso informativo o 12 de outubro de 1960. Dito proceso informativo finalizou o 22 de xaneiro de 1963. O solicitante da causa é a súa sociedade, a Congregación da Misión. A súa causa foi unificada coa do resto de compañeiros o 23 de xaneiro de 1986 e enviada á Congregación para as Causas dos Santos.

O 5 de xullo de 2013 o papa Francisco promulgou o decreto que recoñecía o martirio de Narciso Pascual e compañeiros,[2] e a cerimonia de beatificación tivo lugar o 13 de outubro do mesmo ano en Tarragona, e foi presidida polo cardeal Angelo Amato.[1][3][4] A súa festividade é o 6 de novembro.[5] No martiroloxio romano os beatos son lembrados deste xeito:

En distintos lugares de España, Beatos Fortunato Velasco Tobar e 13 compañeiros, da Congregación da Misión; asasinados por odio á fe (1934-1936).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Conferencia Episcopal Española. "13 de octubre de 2013, Complejo Educativo de Tarragona (33 causas)". Arquivado dende o orixinal o 01/07/2017. Consultado o 09/05/2017. 
  2. "Promulgation of Decrees by Congregation for Causes of Saints". Vatican Information Service. 5 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 9 de maio de 2017. Servant of God Fortunato Velasco Tobar, Spanish, and 13 companions from the Congregation of the Mission, killed in hatred of the faith in Spain between 1934 and 1936 
  3. Otero Ricart, J. A. (26 de outubro de 2013). "Los primeros beatos gallegos del papa Francisco". La Opinión (A Coruña). 
  4. del Caño, X. M. (9 de outubro de 2013). "Cinco nuevas beatificaciones sitúan a Ourense a la cabeza en el número de santos en Galicia". Faro de Vigo. 
  5. Conferencia Episcopal Española. "Santos y Beatos que celebran su fiesta litúrgica el mes de noviembre (1050)". Consultado o 9 de maio de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fuente, Elías (1942). Paúles e Hijas de la Caridad: mártires 1936. Madrid: Editorial La Milagrosa. pp. 237–238. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]