Narón, Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Narón
Casa do Concello
ConcelloNarón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°30′04″N 8°11′32″O / 43.50098889, -8.19233889Coordenadas: 43°30′04″N 8°11′32″O / 43.50098889, -8.19233889
Área8,5 km²
Poboación32.825 hab. (2017)
Densidade3.861,76 hab./km²
Entidades de poboación5 barrios[1]
editar datos en Wikidata ]

Narón é a zona urbana que se localiza no sur do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 8,5 km². Esta denominación foi tomada da parroquia onde se situou a primeira casa consistorial, na parroquia de San Xiao de Narón. Os límites actuais concordan exactamente cos da antiga parroquia de San Martiño de Xuvia, que pouco a pouco foi dividíndose noutras parroquias conforme a poboación ía aumentando.

A zona urbana limita ao norte coas parroquias de Trasancos, Castro, San Xiao de Narón e Sedes, ao sur coa ría de Ferrol, ao leste co concello de Neda e a ría de Ferrol, e ao oeste co concello de Ferrol.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 29.702 habitantes (15.219 mulleres e 14.483 homes) distribuídos en 6 barrios ou parroquias urbanas, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 27.327 habitantes. Estas cifras demográficas veñen medrando significativamente desde hai máis dunha década, o que fai deste núcleo o referente de toda Ferrolterra. A súa densidade de poboación é de 3.494,35 hab./km².

As parroquias ou barrios que forman parte da zona urbana son: O Alto, O Couto, A Gándara, Piñeiros, A Solaina e Xuvia.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Narón[editar | editar a fonte]

Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña

O Alto do Castiñeiro | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia

Parroquias de Narón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]