Nao (robot)
Nao é un robot humanoide programable e autónomo, desenvolvido por Aldebaran Robotics, unha compañía de robótica francesa con sede en París subsidiaria do grupo Softbank. O desenvolvemento do robot comezou en 2004 co lanzamento do Proxecto Nao. O 15 de agosto de 2007, Nao substitúe ó can robot Aibo de Sony como a plataforma estándar para a Robocup ("Robot Soccer World Cup"), un concurso internacional de robótica.[1] Nao utilizouse en RoboCup 2008 e 2009, e o NaoV3R foi elixido como a plataforma para o SPL en RoboCup 2010.[2]
A Edición Académica de Nao foi desenvolvida para as universidades e laboratorios con fins de investigación e educación. Foi lanzado ás institucións en 2008, e púxose a disposición do público antes de 2011. O robot xa entrou en uso en numerosas institucións académicas de todo o mundo, incluíndo a Universidade de Toquio, o IIT Kanpur da India[3] e a Universidade do Rei Fahd de Petróleo e Minerais de Arabia Saudita.[4] En decembro de 2011, Aldebaran Robotics lanzou a Nao Next Gen, con software mellorado, unha CPU máis potente e cámaras de alta definición.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El robot AIBO Nao sustituye en la plataforma estándar de la liga RoboCup". EnGadget.com.
- ↑ ""UK robots prepare for world cup"". BBC.
- ↑ "Robot that walks, talks, emotes like humans...'Nao'". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 05 de maio de 2017.
- ↑ ""Le robot français Nao fait ses classes à l'Université de Tokyo"". L'Express. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2010. Consultado o 05 de maio de 2017.
- ↑ ""Aldebaran Robotics announces Nao Next Gen humanoid robot"". Engadget.