Saltar ao contido

Nakajima Ki-84

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nakajima Ki-84
 Instancia de
 Conflito
Persoas e organizacións
 Deseñador/a
 Desenvolvedor
 Operador/a
Produción
 Fabricante
 Total producido
3514 Editar o valor en Wikidata
Características
 Impulsado por
Datas
 Retiro do servizo
agosto de 1945 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/045745 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Nakajima Ki-84 Hayate (四式戦闘機, よんしきせんとうき, Yonshiki-sentōki; 疾風, vendaval) foi un caza monopraza xaponés usado durante a segunda guerra mundial. Voou por primeira vez en marzo de 1943 e entrou en servizo no verán de 1944. A produción total foi de 3.514 exemplares, incluíndo os prototipos experimentais fabricados. Foi alcumado "Frank" polos aliados.

Cun excelente rendemento e unha alta manobrabilidade, o Ki-84 é considerado un dos mellores cazas xaponeses da guerra. Foi quen de enfrontarse a calquera avión aliado, e de interceptar ao B-29 Superfortress a gran altitude. O seu potente armamento, formado por dous canóns de 30 mm e dous de 20 mm, incrementou o seu éxito. Aínda que se viu obstaculizado pola pobre calidade de produción dos últimos exemplares, un motor que requiría demasiado mantemento, unha tren de aterraxe propensa a torcerse e a falta de pilotos experimentados, o Hayate demostrou ser un temible adversario.