Saltar ao contido

Najla Mangoush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNajla Mangoush

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1973 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Ministra de Relacións Exteriores de Libia
15 de marzo de 2021 – 27 de agosto de 2023
← Abdul-Hadi Al-HawaijTaher al-Baour (en) Traducir →
Membro do gabinete: Goberno de Unidade Nacional
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Oriental Menonita - magister degree (en) Traducir
Universidade de Garyunis
Universidade George Mason Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, avogada, ministro Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: NajlaElmangoush LinkedIn: najlaelmangoush Editar o valor en Wikidata

Najla Mangoush ou Najla El Mangoush, nada en Trípoli ou Bengasi, é unha avogada e política libia, especializada en mediación en conflitos e transicións e procesos de paz. Desde o 16 de marzo de 2021 é Ministra de Asuntos Exteriores de Libia no Goberno de Unidade Nacional de Abdul Hamid Dbeibé sendo a primeira muller na historia de Libia en asumir o posto e a cuarta no mundo árabe.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Algunhas fontes consideran que a súa cidade natal é Trípoli aínda que se criou en Bengazi e outras sinalan que naceu e criouse en Bengazi.[2][3] Avogada de formación graduouse na Facultade de Dereito da Universidade de Bengazi en 1995 onde anos máis tarde realizou unha mestría en Dereito Penal (2007-2009) e onde tamén foi profesora.[4]

Durante a revolución de 2011 foi membro do Consello Nacional de Transición de Libia, responsable de coordinar as cidades libias que se opuñan ao réxime de Muamar al Gadafi.[2] Actuou como xefa da Unidade de Participación Pública, unha organización da sociedade civil que contribuíu a articular as voces independentes e formar aos responsables políticos desde un enfoque colaborativo non violento cara á paz.[5]

Logrou unha bolsa Fulbright e graduouse no Centro para a Xustiza e a Construción da Paz da Universidade Eastern Mennonite, en Harrisonburg (2013-2015). e realizou unha mestría en transformación de conflitos na Universidade Eastern Ilinois, antes de continuar o seu doutoramento na Escola de Análise e Resolución de Conflitos, con especialización en transicións de guerra a paz e procesos de paz na Universidade George Mason en Virginia.[5][6][2]

Como experta en resolución de conflitos foi representante en Libia do Instituto para o United States Institute of Peace e tamén traballou como Oficial de Programas para a Construción da Paz e o Dereito Tradicional no Center for World Religions, Diplomacy and Conflict Resolution (CRDC) na Universidade George Mason.[7]

Desenvolveu a súa carreira como investigadora independente en cuestións acerca da transición á paz en tempos de guerra, mediación en conflitos, negociación política, dereito internacional e Xustiza transicional.[5]

É membro de diferentes organizacións da sociedade civil, entre elas Mulleres Libias para a Paz (LWPP).

Ministra de Asuntos Exteriores de Libia

[editar | editar a fonte]

O 16 de marzo de 2021 asumiu o posto de Ministra de Asuntos Exteriores no Goberno de Unión Nacional de transición de Abdul Hamid Dbeibé sendo a primeira muller en asumir este posto en Libia e a cuarta ministra de exteriores na historia do mundo árabe. O seu predecesor oficial foi Mohamed Taher Siala no cargo desde 2016 no goberno de Fayez Al-Sarrah recoñecido por Nacións Unidas.[1][8] Tamén actuaba como Ministro de Asuntos Exteriores no goberno en rebelión de Tobruk liderado por Abdulah al Zani no Leste de Libia Mohammed Al-Dairi[9][10]

O 6 de novembro de 2021, o Consello da Presidencia suspendeu a Mangouch por levar a cabo unha política exterior sen coordinación co Consello. Tamén se lle prohibiu viaxar.[10]

O 27 de agosto de 2023, tras a transmisión da reunión entre Najla Mangoush e o ministro israelí Eli Cohen, foi suspendida e abriuse unha investigación contra ela.[11]

  1. 1,0 1,1 "Libya’s first female Foreign Minister Najla Mangoush takes over her duties" (en inglés). Consultado o 2021-03-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "5 women hold ministerial portfolios in the new Libyan government – Politics – Weekly Supplements – Beyond politics | EN24 News" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-22. 
  3. "Gouvernement libyen : 35 ministres dont 5 femmes (Encadré)". Consultado o 2021-03-22. 
  4. "Najla Mangoush – Libya’s first female Foreign Minister" (en inglés). Consultado o 2021-03-22. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "La activista por la paz Najla al Mangoush será la primera mujer en dirigir el Ministerio de Asuntos Exteriores en Libia". Consultado o 2021-03-20. 
  6. "Interview with Najla Mangoush" (en inglés). 2017-01-31. Consultado o 2021-03-20. 
  7. "Najla El Mangoush" (en inglés). Consultado o 2021-03-22. 
  8. "PC announces 18 members unity government | Libya Prospect" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 2021-03-22. 
  9. "East Libya foreign minister resigns over Al-Thani interference | The Libya Observer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-22. 
  10. 10,0 10,1 "El Gobierno de Libia dimite en bloque tras la oleada de protestas" (en castelán). 2020-09-14. Consultado o 2021-03-22. 
  11. "POLITIQUE La cheffe de la diplomatie libyenne suspendue après une rencontre « fortuite » avec son homologue israélien" (en francés). 2023-08-28. Consultado o 2023-08-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]