Najla Bouden
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de xuño de 1958 Kairouan |
| 11 de outubro de 2021 – 1 de agosto de 2023 ← Hichem Mechichi (pt) | |
| Datos persoais | |
| Educación | Escola Superior de Minas de París - geologia de engenharia (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | académica, política, xeóloga |
| Partido político | político independente |
| Membro de | |
| Participou en | |
| 16 de xaneiro de 2023 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 |
Najla Bouden Romdhane (en árabe: نجلاء بودن رمضان), nada en Kairouan en 1958, é unha xeóloga e política tunisiana, actual primeira ministra. Nomeada en setembro de 2021, é a primeira muller que ocupa o cargo de primeira ministra no mundo árabe.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1958 en Kairouan. É enxeñeira e profesora de educación superior na Escola Nacional de Enxeñeiros de Tunisia, especializada en xeociencias. En 2011 converteuse en directora xeral de Calidade do Ministerio de Educación Superior e Investigación Científica. En 2015 ocupou o cargo de xerente de proxectos na oficina do ministro Salim Shoura.
Desde setembro de 2016 ocupou o cargo de xefa da unidade de xestión por obxectivos no mesmo Ministerio co fin de aplicar o proxecto de reforma da educación superior para apoiar a empregabilidade dos títulos de educación superior. O 29 de setembro de 2021, o presidente tunisiano Kaïs Saied nomeouna primeira ministra co mandato de formar e dirixir un novo goberno.[1][2][3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Salem, Mostafa (29 setembro, 2021). "Tunisia's president appoints woman as prime minister in first for Arab world".
- ↑ "Tunisian leader names new PM with little experience at crisis moment" (en inglés). 2021-09-29.
- ↑ "Tunisia: President names female prime minister amid turmoil" (en inglés).
- ↑ "Tunisian President Names Obscure Official as Premier Amid Crises" (en inglés). 2021-09-29.