Saltar ao contido

Nagaoka-kyō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaNagaoka-kyō
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaKyoto Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDistrito de Otokuni, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 34°56′36″N 135°42′12″L / 34.943204, 135.703232
Bañado porrío Katsura Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación27 de decembro de 784 Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición22 de novembro de 794 Editar o valor en Wikidata
PeríodoPeríodo Nara Editar o valor en Wikidata
Actividade
FundadorEmperor Kanmu Editar o valor en Wikidata

Nagaoka-kyō (en xaponés: 長岡京) foi a capital do Xapón entre 784 e 794, a finais do período Nara. Estaba localizada no actual distrito de Otokuni, na provincia de Yamashiro, nunha zona de 4,3 x 5,3 quilómetros entre as cidades de Mukō, Nagaokakyō, Ōyamazaki e Kyōto. As ruínas do palacio imperial atopáronse no barrio de Kaidecho, en Mukō, e son un Sitio Histórico Nacional dende 1964. A área baixo protección ampliouse en 2016.[1]

Nagaoka-kyō foi construída por orde do emperador Kanmu, que mandou que a súa nova capital se establecese uns 40km ao norte de Heijō-kyō nun intento de evitar os puntos febles xeográficos desta última. Así, Nagaoka-kyō situouse na confluencia de tres ríos, onde o río Katsura e o Uji formaban o Yodo. Creouse o porto de Yamazakitsu para trasladar produtos doutras partes do país, que se transportaban en barcos pequenos. Isto facilitou moito o abastecemento da nova capital imperial, xa que Heijō-kyō só era accesible por terra. Por outra banda, o estanque de Ogura, situado ao sueste de Nagaoka-kyō, utilizouse como base loxística. As escavacións arqueolóxicas amosaron que case todas as casas do lugar posuían un pozo, así como unha rede de sumidoiros para a evacuación das augas residuais, evitando os problemas existentes en Heijō-kyō. A auga distribuíase por sucos nos extremos das estradas, que se desviaban cara ás casas para eliminar os excrementos. A orixe desta auga era unha fonte natural situada ao noroeste de Nagaoka-kyō, a cal fora construída cunha lixeira pendente, de tal xeito que os residuos acababan no río, mantendo a cidade limpa. O palacio imperial situábase nun pequeno outeiro a 15m sobre o resto da cidade, demostrando de maneira visual a autoridade do emperador. Este deseño contrastaba co de Heijō-kyō, que estaba nunha chaira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Axencia de Asuntos Culturais (1997). "長岡宮跡". Kuni Shitei Bunkazai Nado (en xaponés). Consultado o 19/05/2025.