Naegleria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Naegleria

Diferentes estadios de Naegleria fowleri
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Excavata
Filo: Percolozoa
Clase: Heterolobosea
Orde: Schizopyrenida
Familia: Vahlkampfiidae
Xénero: Naegleria

Naegleria é un xénero de protozoos escavados. O xénero recibe o seu nome polo zoólogo francés Mathieu Naegler. As Naegleria viven en hábitats de auga doce cálidos, como lagos, ríos e fontes termais e no solo. Unha das especies do xénero, N. fowleri pode parasitar aos humanos e causar infeccións graves no cerebro.[1]

Naegleria fowleri infecta ás persoas penetrando por vía nasal. Desde a mucosa nasal atravesa o neuroepitelio olfactorio e pasa ao interior do cerebro, onde causa unha grave meningoencefalite amébica primaria, que ten unha evolución moi rápida, non ten tratamento efectivo e presenta unha taxa de mortalidade do 99%. Non obstante, a infección é rara.[1] Outras especies do xénero non son patóxenas.

Algunhas especies de Naegleria, como N. fowleri e N. gruberi son notables porque poden cambiar de forma segundo as condicións do medio que as rodea, pasando de forma ameboide a célula flaxelada cun elaborado citoesqueleto.

Algunhas análises moleculares baseadas nas secuencias do ARNr distinguen 47 posibles especies no xénero Naegleria,[2] pero as tres especies máis importantes son:

Outras especies de Naegleria que aparecen na lista do ITIS son:[5]

  • Naegleria australiensis, De Jonckheere, 1981.
  • Naegleria jadini, Willaert e Leray, 1973.
  • Naegleria thorntoni, (Singh, 1952) Page, 1976.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 http://www.cdc.gov/parasites/naegleria/index.html
  2. De Jonckheere J. F. Isolation and molecular identification of vahlkampfiid amoebae from Arctic and sub-Antarctic regions. Europ. J. Protistol. 42, 115-123, 2006b.
  3. Lillian K. Fritz-Laylin, Simon E. Prochnik, Michael L. Ginger, Joel B. Dacks, Meredith L. Carpenter et al. (2010). "The genome of Naegleria gruberi illuminates early eukaryotic versatility". Cell 140 (5): 631–642. doi:10.1016/j.cell.2010.01.032. PMID 20211133.
  4. Stevens, A.R.; De Jonckheere, J.; Willaert, E. (1980). "Naegleria lovaniensis new species: Isolation and identification of six thermophilic strains of a new species found in association with Naegleria fowleri". International Journal for Parasitology 10 (1): 51–64. doi:10.1016/0020-7519(80)90064-8. ISSN 0020-7519. [1]
  5. ITIS Naegleria

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]