Nadadores, México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para nadadores, taxon obsoleto de crustáceos, véxase Nadadores. Para os individuos que practican a natación, véxase Natación,

Nadadores é unha poboación do estado mexicano de Coahuila. É a cabeceira do municipio do mesmo nome, e está situada na rexión centro de Coahuila, a uns 30 km ao noroeste da cidade de Monclova.

Historia[editar | editar a fonte]

Nadadores foi fundada no ano 1674 polos relixiosos franciscanos Francisco Peñasco e Juan Barrera, que lle deron o nome de Misión de Santa Rosa de Viterbo de los Nadadores, este último nome se lle deu en honor do entón vicerrei da Nueva España, Juan de Acuña, marqués de Casa Fuerte de los Nadadores.

A misión foi poboada inicialmente por membros das tribos cotzales e manos prietas, porén, tras varias sublevacións quedou despoboada durante varios anos. Foi repoboada o 6 de xaneiro de 1733 por indíxenas tlaxcaltecas procedentes de Saltillo e Parras de la Fuente, co nome de Nuestra Señora de la Victoria Casa Fuerte de los Nadadores, cuxa poboación finalmente se consolidou.

O 1 de febreiro de 1866 déuselle a categoría de vila e, en 1875, cambióuselle o nome polo de Coronel Fuente, aínda que este nunca arraigou e seis anos despois restituíselle o nome de Nadadores. En 1896 o ferrocarril que une Monclova con Cuatrociénegas construiuse a través de Nadadores.

En 1879 naceu en Nadadores o xeneral revolucionario Lucio Blanco.

Localización e poboación[editar | editar a fonte]

Nadadores está localizada nas coordenadas 27°01′45″N 101°35′30″W / 27.02917°N 101.59167°W / 27.02917; -101.59167 e a unha altitude de 520 m sobre o nivel do mar. Encóntrase na rexión central de Coahuila, moi cerca da cidade de Monclova, a uns 30 km ao sueste, comunicándose con ela mediante a Carretera Federal 30, que é o principal medio de comunicación da localidade; cara ao leste comunícaa ademais con San Buenaventura, e cara ao oeste con Sacramento, Cuatrociénegas de Carranza e San Pedro de las Colonias.

A población de Nadadores en 2005 segundo o Censo de Poboación realizado ese ano polo Instituto Nacional de Estadística y Geografía era de 4 086 habitantes, dos cales eran homes 2 045 e mulleres 2 041.[1]

Notas[editar | editar a fonte]