Saltar ao contido

NGC 2080

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NGC 2080
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Constelación
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
1834 Editar o valor en Wikidata
 Época
Cifras e dimensións
 Ascensión recta
   84,9273 ° Editar o valor en Wikidata
 Declinación
   −69,6473 ° Editar o valor en Wikidata
 Magnitude aparente
   10,42 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0bqnf_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

NGC 2080 (A Nebulosa Cabeza de Pantasma) é unha rexión de formación de estrelas, ademais de ser unha nebulosa de emisión que está ó sur do 30 Doradus (Nebulosa da Tarántula), no sur da constelación de Dorado. Esta nebulosa pertence á Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da Vía Láctea, que está a unha distancia de 168.000 anos luz.[1] NGC 2080 foi descuberta por John Frederick William Herschel no ano 1834.[2] A Nebulosa Cabeza de Pantasma ten un diámetro de 50 anos luz.[3] e ten este nome debido ós dous parches brancos que posúe, chamados "os ollos da pantasma".[4] O parche occidental, chamado A1, ten unha burbulla no centro, que se creou pola estrela masiva e nova que contén. O parche oriental, chamado A2, ten varias estrelas novas nun recentemente formado cúmulo estelar, pero estas estrelas aínda son escurecidas pola nube de po onde se orixinaron.[1][4] Xa que ningunha de ambas nubes de po se disiparon debido á radiación estelar, os astrónomos deduciron que ambos conxuntos de estrelas formáronse nos últimos 10.000 anos.[4] Estas estrelas comezaron a crear unha burbulla na nebulosa coas súas emanacións de material, chamado vento estelar.[5]

A presenza de estrelas tamén inflúe na cor da nebulosa. A parte occidental da nebulosa ten unha liña de emisión de osíxeno dominante por mor dunha estrela moi potente da periferia da nebulosa, o que lle da a cor verde.[4] Tanto o hidróxeno coma o osíxeno son ionizados na rexión central, que aparece cunha cor amarela pálida, cando o hidróxeno é enerxizado o suficiente coma para emitir nunha segunda lonxitude de onda da luz, entón aparece o azul, tal coma sucede na área circundante A1 e A2.[1][4]

  1. 1 2 3 Wilkins, Jamie; Dunn, Robert; (2006). Firefly Books, ed. 300 Astronomical Objects: A Visual Reference to the Universe (1ª ed.). Buffalo, New York. ISBN 978-1-55407-175-3.
  2. ↑ Frommert, Hartmut; Kronberg, Christine; (19-04-2006). SEDS, ed. "More LMC objects". Consultado o 07-05-2012.
  3. ↑ NASA, ed. (31-10-2001). "Halloween and the Ghost Head Nebula". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 07-05-2012.
  4. 1 2 3 4 5 NASA and ESA, ed. (19-12-2001). "Hubble Sends Season's Greetings from the Cosmos to Earth". HubbleSite. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2012. Consultado o 07-05-2012.
  5. ↑ ESA, ed. (18-10-2001). "Painting with oxygen and hydrogen". Arquivado dende o orixinal o 10-05-2012. Consultado o 07-05-2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]